O Concello de Santiago desvívese para destacar o vínculo de Luísa Villalta coa cidade
O acto institucional será na véspera do Día das Letras na praza do Obradoiro
Haberá obradoiros de creación literaria nos Centros Socioculturais

Javier Rosende Novo

“Luísa Villalta tiña unha importante vinculación con Santiago”, aseguraba este luns en rolda de prensa a alcaldesa Goretti Sanmartín á hora de presentar as actividades que entre o 16 e o 18 de maio se levarán a cabo na cidade para celebrar o Día das Letras e honrar a homenaxeada deste ano, a poeta, narradora, música e docente Luísa Villalta.
A rexedora destacou non só que a autora cursara en Compostela os seus estudos universitarios, “integrou a orquestra da cidade e Xove Orquestra de Galicia”, lembrou, ademais de dedicarlle os versos “Andei por Santiago pisando estrelas”, que dá título a unha das actividades que se van desenvolver estes días.
Trátase dunha serie de estrelas con estes versos e a pregunta “e ti?”, repartidas por diferentes rúas da cidade dende o pasado día 10 e que serven de desculpa para o concurso que o Concello abriu onte nas súas redes sociais e a través do que convida á veciñanza a enviar fotografías daqueles lugares de Santiago significativos para cada persoa coa explicación pertinente e empregando os cancelos #AndeiPorSantiago e #PisandoEstrelas. Entre os participantes sortearanse 10 lotes de material cultural.
Outra das actividades que terá lugar polas rúas e diversos espazos de Compostela serán os paseos guiados, arredor da cidade e tamén das orixes da lingua. Un roteiro con 12 paradas “que permitirán descubrir como naceu o galego e aspectos relevantes en canto ao léxico, á pronuncia ou á diversidade do desenvolvemento do idioma”. As persoas interesadas poden anotarse na web delingua.santiagodecompostela.gal.
E non quedarán fora dos festexos os Centros Socioculturais, neles levarase a cabo o obradoiro de creación literaria ‘Escribirmos na compaña de Luísa Villalta’, impartido por Marga do Val e con sesións a cargo de Cristal Méndez e Miro Villar. Unha iniciativa da asociación de escritores AELG, apoiada pola Deputación da Coruña, que se desenvolverá os sábados 25 de maio e 1, 8, 15 e 22 de xuño, de 10.30 a 13.00 horas.
Recitais e eventos escénicos
O acto institucional da Corporación local terá lugar o 16 de maio, ás 11 no Obradoiro, onde se dará lectura dun manifesto e que contará coa participación das escritoras Marga Romero e Esperanza Mariño que farán lectura dunha escolma da obra poética de Luísa Villalta.
E no Teatro Principal representarase a obra de Sarabela Made in Galiza, inspirada no texto de Séchu Sende. Será o 16 e 17 de maio ás 20.30 e na primeira función haberá tamén debate final. No mesmo escenario, terá lugar o sábado 18 -20.30 horas- o recital “multidisciplinar” Ritos de resistencia, da formación Ouriol. Con entrada por convite -de balde e que se pode retirar na Zona C ou no propio teatro-, os versos de Luísa Villalta será recitados pola tamén poeta Eva Veiga, con acompañamento musical de Fito Ares e Bernardo Martínez e as proxección da imaxes creadas polo artista Alfonso Costa.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos

