Cita con ACEM en Santiago o 9 de xuño nas VII Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple
A inscrición estará aberta ata o día 5 e haberá un dorsal 0 para todos aqueles que queiran colaborar

Quelle, Ben e os concelleiros da corporación de Santiago Rozas, Moure, Lueiro e De la Fuente / Cedida

Na véspera do Día Mundial da Esclerose Múltiple, unha enfermidade que se calcula padecen catro mil persoas en Galicia, a comunidade con maior prevalencia de España, este mércores presentouse a sétima edición das Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple de ACEM, que terá lugar o próximo 9 de xuño, a partir das 11.00 horas na Alameda de Santiago.
Unha iniciativa coa que esperan superar os 770 participantes do ano pasado e que, en palabras do director da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas, Marcos Moure, “é o evento máis importante do ano porque nos axuda a intentar visibilizar e sensibilizar sobre esta enfermidade cada día máis presente na sociedade, e tamén a que se coñeza que somos unha entidade con catorce empregados que presta un servizo integral”.
Doenza crónica autoinmune que se diagnostica entre os 20 e os 40 anos
Unha doenza que, como lembrou, é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante e neurodoxenerativa do sistema nervioso central, diagnosticase entre persoas de 20 a 40 anos sobre todo, e dous de cada tres pacientes son mulleres.

Marcos Moure, Pilar Lueiro, María Rozas e Enrique Ben na presentación na sede de ACEM en Santiago / Cedida
Aberto o prazo de inscricións ata as 23.59 horas do 5 de xuño, os interesados poderán apuntarse nas diferentes probas tanto a través da web www.carreirasgalegas.com, posto que conta co respaldo da Federación Galega de Atletismo, como de forma presencial na sede de ACEM. Cun prezo de seis euros para os maiores de 16 anos e de balde para o resto, quen queira colaborar tamén pode facelo a través do dorsal 0 ou mediante unha doazón a través de Bizum 04099.
Víctor Fábregas, padriño desta edición
Nunha edición que conta co actor e humorista Víctor Fábregas como padriño, durante a presentación o vicepresidente da asociación, Enrique Ben, animou aos cidadáns á participación nesta cita, mentres que a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, definiu a ACEM como unha asociación fundamental polo traballo que realiza, e destacou o compromiso de Raxoi con iniciativas como esta, que promoven a actividade físico-deportiva.
A súa compañeira de corporación, a edil de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, instou a recoñecer o traballo dunha entidade que apoia aos afectados non só a nivel físico cando son diagnosticados, senón tamén desde o punto de vista psicolóxico a eles e as súas familias.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia