O Concello acumula case 2.000 expedientes de licenzas de obras e aperturas pendentes de tramitación
O PP denuncia a demora na concesión do permiso de ocupación para a residencia da Fundación Amancio Ortega no Restollal

Dez meses é a media para a tramitación de licenzas / Jesús Prieto

O ambiente bronco e a suspicacia protagonizaron diversos momentos do Pleno local deste xoves entre goberno e oposición. Máis alá das queixas pola “altivez” dalgúns dos concelleiros do Executivo de Goretti Sanmartín -cuxa denuncia levará o PSOE á xunta de portavoces- o do urbanismo foi, unha vez máis, un dos debates máis tensos entre Goberno local e PP, desta volta a raíz, sobre todo, da demora na concesión de licenzas de obra e de apertura, cuxa “burocracia supera lo razonable”, esgrimía o edil ‘popular’, José Antonio Constenla.
En resposta ás preguntas do concelleiro do PP sobre as razóns desta tardanza, o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, informou da situación da tramitación destes permisos por parte do Goberno bipartito. Segundo Lestegás, arredor de 2.000 expedientes están agora en proceso de tramitación para a concesión de licenzas de obra e de apertura, un trámite que demora de media en Santiago “dez meses dende a solicitude ao outorgamento”. Un tempo “que se hace muy largo” para o cidadán, segundo Constenla, a pesar de que Lestegás defende que esta media de resolución sitúa a cidade -segundo datos do Colexio de Arquitectos- como a terceira administración máis áxil nesta cuestión, por detrás de Vigo e da Coruña.
Iago Lestegás debullou as cifras dos expedientes que agardan resolución, 1.028 para obras, entre os que “88 son de obra maior, 56 de obra menor, 114 son comunicacións previas, 4 de primeira ocupación e 11 de parcelacións”. Mentres que no caso das licenzas de apertura, “están pendentes de informe técnico 8 licenzas de obra maior, 72 de obra menor, 15 comunicacións previas e 241 están pendentes de informe xurídico”. Unhas cifras que levaron ao edil Constenla a compadecerse do titular de Urbanismo porque á vista dos datos cre que “no dormirá tranquilo los próximos cuatro años”.
O misterio da documentación entregada ou pendente
A residencia que a Fundación Amancio Ortega construíu no Restollal e que dará fogar a 120 persoas protagonizou boa parte do debate. Por unha banda a raíz das informacións publicadas na prensa sobre a demora na concesión da licenza, por outra banda, polo dispar coñecemento do estado da cuestión entre o Goberno local e o PP.
Estes últimos aseguraban que toda a documentación estaba entregada no rexistro e Raxoi insistía en solicitala novamente porque “lo que hace su mano derecha no lo sabe su mano izquierda”, dicíalle Constenla a Lestegás en referencia á falta de coordinación entre as diferentes seccións do departamento que dirixe. E o concelleiro de Urbanismo insistía en que a lexislación esixía un certificado de subministración de electricidade “e o que presentaron é a solicitude dese documento, pero non o certificado en si”, polo que non se podía continuar a tramitación.
No debate interveu a alcaldesa Sanmartín, puntualizando que segundo lle constaba das súas conversas cos técnicos municipais “a Xunta non achegou aínda toda a documentación”, o que explicaba a demora pero asegurou que o Goberno local ten clara a urxencia de que entre en funcionamento a residencia para dar servizo a eses 120 usuarios.
Na sesión da tarde foi a edil do PP Yolanda Otero quen retomou este debate, denunciado a falta de coordinación entre na administración local. “Mentres debatíamos sobre o tema o un técnico chamaba á entidade solicitante para dicir que toda a documentación estaba ben”, denunciou a concelleira ‘popular’.
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- Vuelve un popular ciclo de conciertos a la azotea de un hotel de Santiago: esta es la programación del NoitiNHas 2026
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Horario y dónde ver gratis el derbi gallego entre Obradoiro y Leyma Coruña que puede decidir el ascenso a la ACB
- La toma de posesión de Rosa Crujeiras como rectora de la USC en imágenes
- Autoconsumo y búsqueda de alimentos sanos impulsan las huertas familiares en Galicia: 'Ahora los jóvenes le dan valor
- Portosín estrenará este verano el primer pantalán para barcos de cerco que se instala en Galicia

