Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

O tecido cultural sitúa o relevo xeracional e o financiamento entre os seus retos de futuro

Unha trintena de asociacións celebraron un encontro no Museo do Pobo Galego para reflexionar sobre os seus desafíos

Os colectivos agardan que estas xuntanzas teñan continuidade para seguir tecendo rede

Foto de grupo dos membros das entidades reunidas no Museo do Pobo Galego, en Santiago

Foto de grupo dos membros das entidades reunidas no Museo do Pobo Galego, en Santiago / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Manu López

Manu López

Santiago

Unha trintena de entidades do tecido asociativo cultural galego celebron onte en Santiago ‘O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG’ para reflexionar sobre os seus retos de futuro. Os colectivos, que se reuniron no Museo do Pobo Galego, sinalaron o relevo xeracional, a busca de novos espazos nas propias estruturas para as mulleres e a xente nova, a importancia de colocar os coidados no centro ou a necesidade de diminuír a dependencia económica das subvencións públicas como os desafíos máis relevantes que deben enfrontar.

Na xornada participaron colectivos de todo o país que están a traballar na investigación e divulgación do patrimonio cultural, natural, social, científico, inmaterial ou histórico tratando de responder as preguntas “de onde vimos? Onde estamos? Quen somos? E cara a onde imos?”. Eses catro interrogantes foron o punto de partida para poñer en común as problemáticas e retos que xorden na xestión dos seus proxectos, ademais de buscar novos camiños compartidos. Nesa liña, as entidades participantes valoraron como “moi positiva e necesaria” unha xuntanza que agardan teña continuidade para seguir tecendo a rede de intercambio entre asociacións.

Legado so Seminario

O encontro deste sábado supuxo o colofón ao programa de actos conmemorativos do centenario do Seminario de Estudos Galegos, a entidade que impulsou a modernización cultural e científica de Galicia desde a súa creación en 1923 ata que trece anos despois o golpe militar e a Guerra Civil truncaron a súa actividade.

O director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, na presentación do encontro declarou que “o espírito do SEG non foi aniquilado en 1936, senón que segue moi presente na nosa sociedade. Porque temos un patrimonio cultural que é fundamental para existirmos como sociedade. Un patrimonio que temos que nomear, coñecer e transmitir ás xeracións que veñen detrás de nós, tal como a xente do SEG fixo para que nós poidamos encontrarnos hoxe aquí”.

Axentes implicados

A xornada estivo organizada polo Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego, e contou coa mediación e desenvolvemento das cooperativas Arabías e Feitoría Verde e co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. As entidades participantes con sede na comarca de Compostela foron Adega, A Sega, Morreu o Demo, O Galo, A Gentalha do Pichel, A Rula, Buxa, Clara Corbelhe e a Sociedade Xuvenil Galega de Química.

Tracking Pixel Contents