Regresan ao Obradoiro as obras para a reparación do empedrado danado da praza

Parte dos desperfectos descubríronse despois do concerto da orquestra Panorama na Ascensión

Regresan ao Obradoiro as obras para a reparación do empedrado danado

Javier Rosende Novo

A praza do Obradoiro loce dende este mércores un valado provisional que protexe as obras de reparación do empedrado que está a realizar, como é habitual, o Consorcio de Santiago. Trátase da zona enfrontada co lugar que ocupan os estudantes que se mobilizan en favor do pobo palestino e a prol do fin da guerra en Gaza, e coincide co lugar no que o pasado 8 de maio a orquestra Panorama montou o seu escenario.

Obras para el arreglo del empedrado dañado

Obras para a reparación do empedrado danado / Javier Rosende Novo

Ao día seguinte deste evento enmarcado nas Festas da Ascensión, Apatrigal (Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego) e veciñanza denunciaban que a praza amencera con pedras soltas e rotas, e indicaban directamente ao feito de que o empedrado tivese que soportar un tráiler tan pesado coma o que contén o escenario desta orquestra. Apatrigal facía referencia tamén ao informe desfavorable da Comisión de patrimonio. Un documento que dende Raxoi se explicou que non impedía a celebración do concerto, xa que se incluía na programación das festas, mais que fora necesario solicitalo por parte da TVG, que aquela noite gravou o concerto da Panorama.

A polémica xa estaba servida antes do evento por mor deste informe negativo, e reforzouse ao apareceren estas pedras soltas. Borja Verea, líder do PP local, preguntáballe a alcaldesa que dicía ese informe e se os desperfectos eran consecuencia do concerto. Goretti Sanmartín afirmaba daquela que non lle “constaba” que isto último fose así e recalcaba que o Obradoiro polas propias condicións da praza e a afluencia de persoas a ela facían “que este tipo de incidencias sexan frecuentes”.

Días despois comezaban as obras de reparación na praza que o Consorcio non rematou por considerar máis convinte realizar os labores de rehabilitación cun morteiro específico. Esa é a razón de que agora se retomen estes labores, chegado o material necesario para unha mellor reparación do empedrado. Unhas obras que como mínimo se prolongarán durante unha semana.

Suscríbete para seguir leyendo