O Consello Municipal de Educación bota a andar de novo despois de 13 anos dende a súa última xuntanza
Na reunión, las entidades da comunidade educativa trataron distintos temas como a atención á diversidade e á adolescencia

Sesión constitutiva do Concello Municipal de Educación / Jesús Prieto
Antía Suárez
O Concello de Santiago de Compostela convocou onte unha reunión do Consello Municipal de Educación, 13 anos despois da última xuntanza dese órgano. Esta convocatoria xa foi anunciada o pasado 11 de setembro por Míriam Louzao nunha visita ao CEIP Quiroga Palacios, pero non foi hasta onte ás 16:00 que esto foi unha realidade. Como apuntou Louzao, a constitución do consello municipal é froito dun “traballo intenso” dende o departamento de educación para o pulo dunha ferramenta “fundamental para tratar colectivamente a situación educativa no noso concello”.
Esther Martínez da Fanpa afirmou que estaban moi contentos co reinicio destas reunión, que son un “foro onde podamos intercambiar, reflexionar e tomar decisións todos os colectivos que temos relación co ensino no colectivo en Santiago”. Aínda que como asegura, esta foi unha primeira xuntanza, agarda que isto sirva como “un vehículo para avanzar como modelo de cidade educadora”. Durante a reunión, a concelleira de Educación explicou varias liñas de traballo que o seu departamento iniciou este mandato, como o tema de dotar de cociña propia os comedores ou “na actualización do mapa escolar”. Pero ademais, dende a Fanpa, comentaron que se trataron temas como que se debería prestar unha maior atención á “adolescencia e á xuventude, pensar en facer accións dirixidas a eles e a elas e empregar os centros de Secundaria con outras finalidades a parte do ensino” e a atención á diversidade, como a dotación de persoal especializado nos centros, entre outras cuestións.

Sesión constitutiva do Concello Municipal de Educación / Jesús Prieto
Nestas reunións do Consello Municipal de Educación participarán representantes de toda a comunidade educativa como profesorado, alumnado, familias e sindicatos, ou representantes de entidades sociais, e estableceuse que se celebrarán tres reunións por ano, cunha periodicidade cuadrimestral, sendo unha das sesión no inicio do curso e outra ao remate. As reunións estarán presididas por unha presidenta (a alcaldesa ou membro da Corporación no que delegue) e un vicepresidente. Mais, a elección do vicepresidente pospúxose para a seguinte reunión do Consello xa que como explica Esther Martínez, “houbo algúns colectivos que aínda non nomearan os seus representantes, e polo tanto non estaban presentes”. Na seguinte reunión, datada o 19 de setembro, comezarase, como expresa Martínez, “a traballar en concreto os temas”.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
