Planes

Axenda cultural: Que facer hoxe, martes 18 de xuño, en Santiago?

Música, cine y libros, entre las propuestas de este martes en Compostela

Fotograma de ‘Der Letzte Mann’ (Murnau, 1924)

Fotograma de ‘Der Letzte Mann’ (Murnau, 1924) / Cedida

Redacción

Pase único do filme expresionista ‘O último’, de F.W. Murnau, no Numax

O expresionismo alemán cinematográfico é un movemento que aparece despois da Primeira Guerra Mundial, cunha Alemaña nunha inseguridade tanto política como moral. O último (Der Letzte Mann), de Murnau, é un filme que reflexa estes temas, e conta unha historia de perda e o intento dun home de aparentar un status que se perdeu. A sesión de hoxe será ás 20:00 horas, e terá un custo de 5,90 euros por butaca.

Concerto de María Mazzotta no Principal

María Mazzotta, recoñecida pola súa poderosa voz e a súa habilidade para fusionar a música tradicional do sur de Italia con outros xéneros e tradicións musicais do Mediterráneo, sobe mañá (20.00 horas) ao palco do Teatro Principal de Santiago para presentar o seu álbum debut Amoreamaro. Esta é a única data en Galicia dentro da súa xira por Europa na que suma xa arredor de 80 concertos en máis de 20 países. Maria Mazzotta é unha das caras máis recoñecidas da escena da música tradicional italiana. Nada na rexión de Salento, ao sur do país, dedicou a maior parte da súa carreira para dar a coñecer os ritmos da súa terra. A súa voz traspasa fronteiras, e converteuse nunha artista de referencia no panorama folk a nivel europeo. No 2020, lanzou Amoreamaro en solitario, un disco que ela define como un canto á feminidade.

Maria Mazzotta ofrece este mércores un concerto no Teatro Principal

Maria Mazzotta ofrece este mércores un concerto no Teatro Principal / cedida

Presentación dun fotolibro sobre entroidos

Hoxe, ás 19:00h, presentarase no auditorio do Museo do Pobo Galego o fotolibro Viva! Os Xenerais de Illa, dos fotógrafos Eutropio Rodríguez e Javier Iglesias Ramos. Un conxunto de 150 imaxes tomadas entre os anos 2015 e 2023 que retratan a tradición do Entroido e as representacións dos Xenerais, nos concellos de Silleda, Vila de Cruces, A Estrada, Santiago, Vedra, Teo, Boqueixón, Touro e Padrón. A obra compleméntase cun texto do músico e investigador Fernando Reyes.

Xenerais da Ulla

Xenerais da Ulla / FDV

O Coro da Rá, no Seráns en Feixóo

Unha noite máis, o Seráns en Feixóo, ás 21:30h, organizará concertos ao aire libre para escoitar algo de música en directo. Nesta ocasións, terá lugar a Festa de Fin de Curso Escola Estudio, que amosará a calidade dos seus combos, solistas e agrupacións. Ademais, tamén haberá unha actuación do Coro da Rá. En caso de choiva, as actuacións moveranse ao Riquela, un dos organizadores xunto á Borriquita de Belem e o Pub Modus Vivendi.