O PP esixe medidas contra o problema de tráfico de drogas en Santiago: "Dende o ano 2019, os delitos creceron máis dun 500%"

Como lembra José Ramón de la Fuente, “o BNG acúsanos de populistas e alarmistas, pero a realidade se ve nos datos que aporta o Ministerio de Interior".

Os residentes de Santa Marta falan dun problema enquistado

Os residentes de Santa Marta falan dun problema enquistado / Cedida

No pasado mes de maio, o populares de Santiago denunciaron que a veciñanza do barrio de Santa Marta estaban lanzando unha sinal de alarma, pedíndolle auxilio ao Goberno local ante a situación desesperada que estaban padecendo: "Hai unha fonda preocupación polo risco que supón a proliferación de xiringas en espazos públicos moi sensibles como parques infantís, e en espazos privados e a pola presenza de cada vez máis numerosa de persoas consumindo e pinchándose nas rúas próximas ao punto de venda, nos arredores do CHUS. Compran e consumen no barrio”, sinalaron dende a Asociación Veciñal de Santa Marta-Choupana (Vedesma) fai escasamente un mes.

Unha situación, que como lembrou este mércores o concelleiro popular José Ramón de la Fuente, estase a incrementar cada ano: “O BNG acúsanos de populistas e alarmistas, pero a realidade se ve nos datos que aporta o Ministerio de Interior, as cifras son teimudas e din que os delitos vencellados ao tráfico de drogas medraron, desde o ano 2019, máis dun 500%”.

Imaxe de dous drogodependentes nun portal do barrio de Santa Marta

Imaxe de dous drogodependentes nun portal do barrio de Santa Marta / Cedida

De la Fuente subliñou que á denuncia en Santa Marta únese á doutros barrios que padecen idéntica problemática: Conxo, Almáciga, Ensanche, Figueiras, a contorna de Xoán XXIII, Vite, Vista Alegre, Casco Histórico, Fontiñas, Pelamios, Quiroga Palacios e San Pedro son só algunhas das zonas onde existen puntos de venda de drogas, o que provoca problemas de convivencia coa veciñanza.

“No pasado mes de abril, -insistiu- debatemos unha moción do PP pedindo que as cámaras de videovixilancia instaladas pola cidade, se puxeran a gravar, cousa que actualmente non fan, e os nacionalistas despacharon a súa negativa á proposta, argumentando que non eran necesarias, e que non compensaba economicamente facelo, un exemplo da empatía do BNG cos veciños que viven atemorizados nos seus propios barrios”.

O concelleiro popular José Ramón de la Fuente

O concelleiro popular José Ramón de la Fuente / Cedida

De la Fuente remarcou tamén que, en varias ocasións, pediuselle ao Goberno local que mellorase a iluminación en moitos puntos da cidade pola inseguridade que provoca: “Non queren que as cámaras de videovixilancia graven, non queren que a cidade estea ben iluminada, poñen atrancos a que a Policía local reforce as quendas e patrullas, mediante a realización de horas extras; polo que nos preguntamos se realmente saben en que cidade viven”, agregou.

Finalmente, José Ramón de la Fuente sinalou que o BNG pode facer máis do que esta facendo: “ten ao seu alcance medidas útiles para a prevención e persecución de delitos, pero non as queren poñer en marcha e se amosan reticentes a incrementar a presenza policial nas rúas, medida imprescindible para atallar o incremento da delincuencia en Santiago”.