María Rozas no Día Mundial das Persoas Refuxiadas: "Dende o ano 2020 os falecidos medraron ata os 60.000"

O Concello recuperou esta mañá a exposición sobre a situación de refuxiados e migrantes situada no Paseo dos Leóns da Alameda

Intervención de María Rozas diante da exposición "Mira con outros ollos" da Alameda inaugurada no Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Intervención de María Rozas diante da exposición "Mira con outros ollos" da Alameda inaugurada no Día Mundial das Persoas Refuxiadas / Antonio Hernández

Con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se celebra cada 20 de xuño, o Paseo dos Leóns da Alameda acolle dende esta mañá a exposición "Mira con outros ollos", impulsada desde a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para lembrar ás persoas migrantes e refuxidas falecidas desde 1993. 

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas visitou a exposición acompañada por outros membros da Corporación e por representantes da rede.

"O 20 de xuño foi a data fixada no 2000 por Nacións Unidas. Van alá 23 anos de conmemoración nos que lamentablemente non podemos dicir que houbera grandes avances, máis ben o contrario". Con esas palabras comezou a súa intervencón María Rozas. 

Recordou que este día ten como obxectivo visibilizar a situación de 43.000.000 de persoas refuxiadas en todo o mundo e recoñecer "a súa valentía, forza e esforzo". 

Rozas definiu este día como "un reflexo dun fracaso como sociedade e administracións públicas". E como proba diso referiuse á mostra na que saen máis de 40.500 nomes e apelidos de persoas que morreron intentando chegar a Europa. Unha cifra que non está actualizada. "En só catro anos ese número medrou ata os 60.000", dixo.

A mostra xa estivera no Paseo dos Leóns en 2021 coa anterior corporación, e fora vítimas de graves desperfectos, o que en palabras de Rozas é un reflexo "dun problema gravísimo que temos como sociedade". Explica a concelleira que decidiron recuperala porque non vamos a "invisibilizar a situación que viven as persoas refuxiadas" e o fin é "remover conciencias".

Reclamacións incluídas no manifesto da Rede Galega de Persoas Refuxiadas

A Rede Galega de Persoas Refuxiadas estivo representada no acto por Teresa Vallejo e Miguel Fernández, que foi o encargado de poñer voz ao manifesto en apoio a este colectivo.

Por una parte denuncian a "difícil" situación que viven estas persoas e as súas causas entre as que se citan as guerras, violencia xeneralizada, cambio climático ou persecución por motivos relixiosos, políticos, de xénero ou orientación sexual. "Todas elas graves violacións dos dereitos humanos". Tamén denuncian a externalización das fronteiras no referente a "que se faga negocio con elas para a industria de armamento e seguridade, e que se financie a terceiros países que actúan como porteiros da UE sen importar a brutalidade coa que actúan".

No manifesto inclúese unha denuncia das devolucións "en quente" dos que consiguen atravesar as fronteiras. "Néganselle dereitos recollidos na nosa lexislación como a posibilidade de solicitar asilo ou protección a menores ou vítimas de tratas, entre outros".

Esixen, ademais, que haxa compromiso por actores políticos, económicos e sociais en contra de mensaxes xenófogos ou discriminatorios cara a poboación migrante refuxiada e ao mesmo tempo "reivindicamos un discurso público positivo sobre a migración que poña en valor as contribucións sociais e culturais destas persoas".

Como reclamación actual, solicitan que no Estado español se poña marcha de forma urxente o proceso de regularización de persoas migrantes en situación administrativa e regular e solicitantes de asilo en espera prolongada de resolución da súa solicitude.

Outras das propostas son garantías de acceso ao traballo digno e acceso ao Ingreso