REUNIÓN

Críticas do PP pola falta de previsión nas obras do Pombal

Os populares denuncian “unha absoluta falta de previsión e coñecemento das necesidades dos residentes”

As obras de reurbanización do Pombal comezan este martes

As obras de reurbanización do Pombal comezan este martes / Antonio Hernández

El Correo Gallego

Adrián Villa e José Ramón de la Fuente, concelleiros do Partido Popular de Santiago, mantiveron unha reunión con case 20 veciños e veciñas da rúa do Pombal afectados por unha obra que se prolongará durante case un ano. “Logo de escoitar as diferentes problemáticas que esta actuación provocará no día a día” desta veciñanza, Villa quixo remarcar a “incompetencia” dos nacionalistas, que, “unha vez máis con ocultismo, sen unha convocatoria oficial e con improvisacións, informaron á veciñanza tan só seis días antes do inicio da obra”.

Las obras en el Pombal provocarán el corte del tráfico en la zona al menos durante ocho meses

Las obras en el Pombal provocarán el corte del tráfico en la zona al menos durante ocho meses / Antonio Hernández

Dende o PP din que nesta cuestión tamén quedou evidenciada “unha absoluta falta de previsión e coñecemento das necesidades dos residentes”. De la Fuente denunciou que non se prevexa un acceso durante os traballos a vivendas e garaxes, tal e como si se adoita facer en obras de similares características. Os edís populares enumeran problemáticas como “o abastecemento de gasóleo, acceso a garaxes e, o máis importante, a recollida de numerosos residentes de avanzada idade con problemas de mobilidade ou de nenos pequenos que aínda van en silliña”.