O martes entrarán en vigor os horarios da tempada de verán no transporte urbano

Un autobús urbano na costa de Vite

Un autobús urbano na costa de Vite / ECG

Redacción

O vindeiro martes, martes 25 de xuño, entrarán en vigor os horarios da tempada de verán no transporte urbano. Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden có inicio das obras da rúa do Pombal.

Dúas empresas presentaron alegacións ao estudo de custos para o novo contrato de autobuses urbanos

Varios autobuses de Santiago pola Virxe da Cerca / Antonio Hernández

Polo demais, as liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais da época estival.

Nos vindeiros días estará disponible nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.