O PSdeG de Santiago insta a Sanmartín a recuperar o diálogo sobre as VUT
Os socialistas lembran que hoxe están prohibidas no casco vello e limitadas na cidade grazas a eles

El pleno en Raxoi este próximo lunes va a someter a votación la ordenanza presentada por el bipartito / Jesús Prieto
El Correo Gallego
“As vivendas turísticas están prohibidas no casco vello de Santiago e limitadas en toda a cidade grazas ao Partido Socialista. Nós, con Bugallo, aprobámolo o 16 de febreiro do 2023. O BNG non prohibiu nada, abstívose, e o PP votou en contra de limitalas”. Son declaracións de Aitor Bouza, Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Santiago, nun comunicado enviado aos medios neste domingo.
No escrito os socialistas denuncian que “a alcaldesa nacionalista, Goretti Sanmartín, nin ten criterio nin dialoga nin sabe que facer coas vivendas turísticas. Pola falta de criterio dos nacionalistas, o ano pasado non votaron con nós, que fomos os que limitamos as vivendas turísticas. Será ela a que teña que explicar os seus cambios de opinión antes da campaña electoral e despois”.
Constitución urxente da mesa para declarar mercado tensionado
Por todo isto, Aitor Bouza quiso recordarlle na nota de prensa a Sanmartín que “está en minoría e debe traballar polo diálogo”, e que foron eles os que puxeron límite ás vivendas turísticas, e agora reclaman á nacionalista que constitúa a mesa para a declaración de Santiago como mercado tensionado, o que frearía os prezos dos alugueres.
Para rematar, afirman que a deriva de Sanmartín aínda foi a peor xa que “para tapar a súa irresponsabilidade e falta de criterio, celebra mañá un pleno para que pareza que fai algo cando nin é decisivo e podía aforralo colgando un papel de trámite na web do concello”, explican os socialistas composteláns.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña

