O PP volve instar o BNG a publicar o calendario de rozas tras unha semana de verán sen avances
A concelleira, Nerea Barcia, denuncia "falta de transparencia, coordinación e xestión" no plan do Concello

A concelleira do PP, Nerea Barcia, insiste en demandar o calendario de Rozas ao BNG de Santiago / PPdeG
O Partido Popular de Santiago insiste en reclamarlle ao Bloque Nacionalista Galego que faga público o calendario de rozas, considerando que xa pasou unha semana de verán sen que se teñan iniciado estas tarefas.
A concelleira do PP de Santiago, Nerea Barcia, denuncia a falta de “transparencia, coordinación e xestión” no plan de rozas do BNG en todo o municipio compostelán. Segundo Barcia, os traballos de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais, realizados tanto con medios propios como con empresas externas contratadas, evidencian “o claro desleixo dos nacionalistas, que non son quen de axustarse ás necesidades e demandas existentes”.
Barcia destaca a situación "surrealista" e "cada vez máis pintoresca", xa que, tras varias preguntas dos populares ao BNG sobre a falta de execución destes traballos, as desculpas seguen a sorprender, pois “segundo os nacionalistas, no mes de maio non se pode rozar porque chove”.
A concelleira subliña que “no último ano, Compostela leva padecendo un serio problema de limpeza, tanto nas zonas urbanas como no rural, polo que son numerosas as queixas dos veciños e veciñas acumuladas sobre este asunto”.
Barcia asegura que solicitou en varias ocasións que o departamento responsable destes traballos explicase cal é o plan de xestión de rozas, ou que fixeran público o "suposto" calendario que manexan, sen obter resposta.
Ante esta situación, o PP demanda que os nacionalistas expliquen que fai a empresa contratada, que cobra unha importante cantidade de cartos sen mostrar avances nos desbroces. Consideran imprescindible introducir melloras nos pregos de licitación deste servizo e poñer máis medios para cortar a maleza de forma máis axeitada, ou ter varias cuadrillas que traballen simultaneamente no norte e sur do termo municipal.
O PP de Santiago reitera ao BNG a necesidade de visitar máis o rural compostelán e atender as peticións da veciñanza, pois desde a última reunión coa concelleira de Medio Rural “seguimos sen saber o que está a acontecer coas rozas e o mantemento do rural de Santiago”.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago

