INMIGRACIÓN
O Partido Popular propón que o Concello deseñe un plan municipal de inmigración
A iniciativa foi aprobada no pleno desta semana grazas ao apoio de resto dos grupos da corporación

Inmigrantes rescatados en aguas de Canarias / E. D.
Redacción
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, propón a posta en marcha dun Plan Municipal de Inmigración, é dicir, que estableza un marco común de referencia que articule as liñas de actuación do concello en materia de migración nos vindeiros anos. “Suporía unha ferramenta que garantiría a acollida de inmigrantes, a súa integración social, cultural e económica e a potenciación da convivencia intercultural na cidade”, destacou a popular, segundo informa o partido nunha nota de prensa remitida onte.
O PP levou este asunto xa ao pleno ordinario celebrado este xoves no Pazo de Raxoi, onde quedou aprobado tras recibir o apoio do resto de grupos. O plan, informa o PP, debe conter obxectivos, medidas e actuacións dirixidas ás persoas migrantes, nas que se aborde as súas necesidades de forma integral e dende unha perspectiva inclusiva, lonxe de prexuízos e estereotipos.
“Grazas a isto obteríase a integración efectiva e a mellora das relacións, ademais da cohesión e convivencia coa veciñanza, sexa cal sexa a súa procedencia cultural, a través dunha estratexia municipal dirixida a este obxectivo”, engade Otero. O resultado será un marco común que recolla o conxunto de actuacións levadas a cabo polas diferentes areas municipais, coa colaboración das organizacións sociais que traballan pola integración e a promoción da poboación inmigrante, avanzando así na efectiva participación das persoas inmigrantes na vida social, económica, política e cultural da cidade.
Como indica Yolanda Otero, “Santiago debe contar cun instrumento que incida na mellora da calidade de vida das persoas que escolleron esta cidade para desenvolver o seu proxecto de vida, das persoas que se viron obrigadas a deixar a súa casa e país pola súa situación, polas desigualdades, pola guerra ou pola falta de oportunidades”.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla

