Entrevista | José Antonio Liñares Portavoz da Unión Hotelera Compostela
“Entendo que os propietarios dos pisos turísticos estean molestos, pero non podemos seguir así”
O portavoz da Unión Hotelera Compostela (UHC), José Antonio Liñares, analiza os principais asuntos que afectan ao sector turístico e hoteleiro na entrada do verán, a súa época de maior actividade

José Antonio Liñares, na terraza do Hotel Costa Vella de Santiago / Jesús Prieto

Na entrada do verán, a época de maior actividade no sector turístico e hoteleiro, o portavoz da Unión Hotelera Compostela (UHC), José Antonio Liñares, analiza en conversa con EL CORREO GALLEGO os principais asuntos de actualidade que lles afectan. A ordenanza de vivendas turísticas, a aplicación dunha taxa aos visitantes, ou a masificación e a desestacionalización son algunhas das cuestións que están no foco do debate público e que preocupan tamén nos establecementos hoteleiros da cidade.
Como recibiron no sector hoteleiro a regulación das vivendas turísticas?
Entendemos que é un modelo que pillou a contrapé a todas as administracións e chegouse a un punto que se facía un pouco insostible. De non regulalo, estaba xerando bastante turismofobia na cidade, polo prezo da vivenda ou o despoboamento do casco histórico. Non estamos en contra das vivendas turísticas, pero si queremos que todo o mundo xogue un pouco nas mesmas condicións e que estea regulado. Pode afectar un pouco ao equilibrio entre oferta e demanda, pero isto compénsase moi rápido, porque o mercado sempre tende a buscar ese equlibrio.
Entón, consideran positiva a chegada desta regulación?
Si, porque se facía necesario. Eu entendo perfectamente que os propietarios estean tremendamente molestos porque seguramente no seu momento non se lles dixeron as cousas moi claras. Esa política de ti vai facendo ao mellor pode volverse contra un pasado un tempo. Pero claro, o que non podiamos era seguir así, cunha moratoria de non facer máis establecementos turísticos de ningún perfil no casco histórico e, ao mesmo tempo, o que está fóra de regulación e que menos valor engadido aporta, si se podía seguir abrindo. Non se entende moi ben, isto é puro delirio. Finalmente hai unha regulación que non sei en que acabará, porque sempre hai imperfeccións. Espero que ao final poidan encontrar unha solución que poida ser válida para todos.
O goberno local é partidario de establecer unha taxa turística. Como cre que afectaría aos hoteis, tendo en conta que onde se aplica cóbrase no propio aloxamento?
Nós inicialmente posicionámonos en contra. Ao mellor a medio ou longo prazo as taxas son inevitables en casi todos os destinos, pero a cidade aínda non está para nós perfectamente articulada e madura a nivel turístico para implementar esa taxa. É unha solución moi fácil de adoptar: cobrarlle a quen se aloxa nun hotel. Xustamente é a xente que máis valor deixa na cidade, porque os hoteis teñen uns custos bastante importantes e pagan impostos, son xente que pernocta na cidade, que consume seguramente hostelería e ao final acaban deixando recursos aquí e facendo dinamismo económico. Eses son os que van pagar. E resulta que os outros, os que veñen en excursións, os que só están unhas horas e perturban máis o medio máis atractivo de Santiago, que é a Catedral e o seu entorno, non van pagar nada. Non nos parece xusto. Non é unha posición frontal, simplemente non estamos dacordo agora mesmo.
Que pensa sobre a masificación turística?
A masificación turística é moi puntual, tanto no tempo como no espazo. Limítase a zonas moi concretas do casco histórico e prodúcese en moi poucas horas e moi poucos meses do ano. Tamén é un tema de comunicación. Se algún peregrino ou algún visitante fai algunha falcatruada e sacan unha foto que se pon en todos os medios, moitas veces faise categoría da anécdota. Os visitantes de Santiago non son mellores nin peores que os locais. Hai de todo, tamén hai xente local que fai barbaridades, ou que pola noite os días de marcha fan insoportable o ruído no centro histórico, e non pasa nada. É un tema tamén difícil de xestionar, pero tampouco se pode prohibir á xente que veña a Santiago.
Hai risco de trasladar unha imaxe de turismofobia desde a cidade?
Hai xente que é moi sensible a todas estas cousas. O atractivo turístico de Santiago non é un problema, é unha solución. De feito, hai destinos turísticos que están agora en vías de crecemento, que están investindo unha tremenda cantidade de recursos en contratar os maiores especialistas en marketing e consultoría, en chegar a outros destinos. Nós xa temos todo iso feito, cunha cidade cun atractivo espectacular, cunha marca única no mundo, fin do camiño a cidade onde máis camiñantes chegando o mundo. Temos esa sorte e somos a envexa dos demais, agora resulta que para nós é un problema? Non sei ata que punto iso é real ou é algo creado por unha serie de circunstancias.
Traballar pola desestacionalización podería axudar tamén a reducir a masificación?
A desestacionalización ten un valor multiplicador. Non suma, multiplica, porque fai que os establecementos que viven do turismo e da hostelería poidan manter uns equipos de traballo ao longo de todo ano. Iso xera moito valor, pero é bastante complicado. Evidentemente, témolo moito máis fácil aquí que no Grove ou Sanxenxo, pero non deixa de ser un problema o feito de ter tan baixa ocupación e traballar a perdas 3 ou 4 meses ao ano. É un labor complicado porque todo o mundo pretende desestacionalizar e poucos o consiguen, salvo unha gran capital.
En que vías se pode avanzar para conseguilo?
É imposible que a xente veña como no verán ou na primavera, tendo o clima que temos aquí nos meses invernais e sabendo que a xente non ten vacacións nesas datas. Pero a nivel máis específico, unha oferta cultural máis densa, con máis atractivo e ben vendida si que nos axudaría. Pero non temos unha fórmula máxica.
Outro problema que está afectando ao sector é a falta de persoal. Segue habendo escasez para a temporada alta?
Si, é un problema, sobre todo post-pandemia. Está habendo dificultades en atopar persoal que queira traballar en hostelería e sobre todo que teña formación. Isto ten que ser moi vocacional, é un traballo moi agradable se che gusta, pola interacción con xente. Pero claro, temos que ter en conta que moitas veces é unha actividade de non moito valor engadido, co cal os salarios son os que son, non dá para moito máis tampouco, excepto determinados establecementos que xogan moi arriba. E logo, hai que traballar máis cando os outros descansan e iso bota para atrás a moita xente que decide que non compensa. Estou esperanzado de que este é un momento puntual e, pouco a pouco, iremos recuperando o pulso. Sempre se critican as condicións que ofrece a hostelería, pero melloraron moitísimo as cousas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Playmobil y el Día del Circo convierten Área Central en el gran plan familiar del fin de semana
- El Obradoiro, sin piedad con el Ourense en el derbi


