Entrevista | Rubén Lois Director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC
Rubén Lois: “Logramos os mellores resultados en transferencia social da investigación”
O catedrático de Xeografía da USC considera que o principal reto do centro é lograr o nivel de excelencia investigadora suficiente para poder optar ás clasificacións de excelencia da Xunta

Rubén Lois, catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago / Santi Alvite

Rubén Lois (Palas de Reis, 1961), catedrático de Xeografía da USC, vén de ser escollido o director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, tras estar no cargo María Dolores Riveiro García.
P. É a primeira vez que este instituto vai a estar dirixido por un xeógrafo. Que vai a aportar o seu coñecemento?
R. O Idega fúndase ao longo da transición, no 1976, e sempre se vinculou moito ás ciencias económicas e a economistas bastante notables adscritos ao propio instituto. Pero tamén, e desde moi cedo, formamos parte del xeógrafos e outros especialistas en ciencias sociais. Deuse a casualidade de que sempre houbo economistas ao frente do Idega, un instituto que ten a vontade de pasar de estudos sobre o desenvolvemento estrictamente económico a estudo sobre o desenvolvemento que introduzan elementos como a sustentabilidade, a resilencia ou cuestións ambientais.
En certa medida, é pasar a un centro que integre xente de ciencias económicas, de xeografía, de socioloxía, de ciencias da comunicación, de ciencia política e de dereito, que somos as ramas que nos encargamos das ciencias sociais.
P. Cal é a misión principal do instituto?
R. Pretendemos desenvolver investigación. Hai moitos elementos en común con outros centros de investigación xa que queremos optar a proxectos europeos punteiros da ciencia europea. Queremos participar tamén nos concursos competitivos de proxectos en España e conseguir praza Ramón y Cajal, Juan de la Cierva,ou outros contratos posdoctorais. O tema é que as ciencias sociais teñen un perfil máis marcado de transferencia social da investigación. Facemos moitas investigacións que teñen unha inmediata tradución dentro de Galicia.
P. De que tipo de investigacións está a falar?
R. Podemos facer estudos urbanísticos colaborando, por exemplo, coa xestión de centros históricos. Podemos estudar impactos económicos de determinada actividade ou impactos na paisaxe, así como fixar os estudos sobre o impacto do Camiño de Santiago, ou estudos sobre reformas na tributación autonómica.
En definitiva, pódense facer moitos estudos que poidan asesorar a institucións públicas e privadas, o que recibe o nome de transferencia social de investigación. Somos un instituto máis pegado a aqueles traballos que necesita Galicia e a universidade é a que da os indicadores para poder desenvolvelos. Somos un centro de investigación como os de ciencias experimentais, probablemente con menos recursos porque os nosos proxectos son menos custosos, pero ao mesmo tempo temos mellores resultados no que é a transferencia social da investigación, con traballos concretos sobre o país.
P. Cales son os retos que debe afrontar o centro nos próximos anos?
R. Temos un reto de visibilidade e agora coa incorporación da xente de ciencias da comunicación vai ser moi interesante. Aspiramos a ter unha imaxe corporativa máis moderna, e que todo o que fagamos teña unha certa publicidade nos medios, polo que temos que facer un tratamento maior da información.
Pero o noso principal reto é conseguir o nivel de excelencia investigadora suficiente para poder optar ás clasificacións de excelencia da Xunta de Galicia. Nestes momentos, cos fondos Next Generation, estanse recibindo fondos para investigar dende as universidades, pero existe un certo sesgo competitivo. Hai que ter un mínimo de diñeiro recaudado, de artigos publicados en revistas do máximo nivel a nivel internacional ou de tesis dirixidas para poder concursar.
Ata o momento o Idega quedou moi cerca de poder concursar a estes niveis de excelencia ou de consolidación de institutos universitarios. O noso principal é obxectivo é conseguir ese mínimo de diñeiro, que serían un millón de pico de euros de facturación anual por investigación que xunto coas axudas da Xunta permitiríanos ter outros centos de miles de euros e estar xa catalogados como un centro de excelencia. Así poderiamos contratar investigadores, desenvolver liñas de investigación propias e poder relacionarse en plena igualdade con outros centros de investigación de ciencias sociais similares que hai en España.
“Creo que podemos dar moito de nós e colocarnos un pouco ao nivel de centros singulares de investigación como o Cimus, Ciqus ou Igfae”
P. Con que presuposto anual conta o instituto?
R. Movémonos en torno ao millón de euros de fondos de investigación que cada investigador ou grupo de investigación vai máis ou menos xestionando. Como xa dicía, é un pouco o que se pretendía facturar e estamos camiñando a incrementar esas cifras. A idea é que se incorporaron moitos investigadores novos, con moitos aportes, experiencias e proxectos de investigación que xa conseguiron. Vamos intentar que os seus equipos pidan os proxectos con nós, que teñan os contratos de transferencia co Idega. Tamén loitaremos por incrementar a un millón e medio de euros o presuposto que manexa o instituto, así como o número de proxectos actual nun 30 ou 40 %.
P. Cal é a cifra de persoal investigador coa que conta o instituto?
R. É un dos institutos máis numerosos da Universidade de Santiago e vimos de facer unha nova chamada para que investigadores se adscribiran ao centro. Agora somos 87 que van desde catedráticos ata contratados posdoctorais. Somos todos investigadores con capacidade plena e membros por igual do Idega ao estar vinculados á Universidade. Sen dúbida hai unha vontade de traballar xuntos na investigación.
P. Que lle gustaría poder dicirnos nos vindeiros anos respecto a éxitos acadados?
R. En primeiro lugar gustaríame dicir que somos un dos centros de referencia en ciencias sociais máis importante do país. Tamén se pretende que os informes e os proxectos que faga o instituto sexan unha referencia de calidade, tanto para asesorar a políticas públicas ou intervencións territorias e económicas concretas sobre o que se poida desenvolver en Galicia. Non menos importante sería dicir que temos un nivel relativamente bo de grandes investigadores financiados desde Europa, referentes a escala internacional sexa no ámbito da comunicación audiovisual, do dereito tributario, da economía financiera da xeografía ou de estudos urbanos.
Creo que podemos dar moito de nós e colocarnos un pouco ao nivel de centros singulares de investigación da Universidade da Santiago como son o Cimus, Ciqus ou Igfae.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
