A USC converte durante esta fin de semana a Santiago nun punto de encontro do sector vitivinícola
Representantes de adegas e investigadores reúnense en Fonseca nunhas xornadas que destacan a importancia do viño para a economía

O Colexio de Fonseca acolle esta durante esta fin de semana o encontro ‘Emocións do Viño 24’

Santiago, e máis en concreto a USC, convértese este fin de semana en punto de encontro do ámbito vitícola, onde o sector empresarial, investigadores, docentes e o conxunto da sociedade galega reflexionan sobre a importancia do viño a nivel económico, social e cultural para Galicia.
O encontro Emocións do Viño 2024, celébrase no patio do Colexio de Fonseca, un espazo no que representantes de diferentes adegas e denominacións de orixe acompañan a investigadores da institución compostelá nunhas xornadas que poñen en valor un sector esencial para a economía galega. A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (EPSE) é o fío condutor desta mostra de potencial a consecuencia da súa implicación na viticultura.
Unha das spin-off que están a participar en Emocións do Viño é TasteLab, unha spin-off da Universidade de Santiago nacida no ano 2016 que ten como obxectivo conectar aos produtores cos gustos dos consumidores de viño a través do desenvolvemento dun software de análise sensorial, SENSEBSIT, único no mercado internacional.
Maruxa Quiroga é a actual CEO de TasteLab e avanza que encontros como Emocións do Viño contribúe a dinamizar un sector coma o do viño, “estratéxico para Galicia”. Quiroga avanzou que están a pechar acordos con axentes da industria vitivinícola como son as denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras ou Rioja, entre outras, que empregan a solución tecnolóxica de TasteLab, presente xa en sete países, para verificar os seus controis organolépticos.
“Nun mundo como o actual, no que os gustos do consumidor varían con rapidez e a taxa de fracaso no lanzamento de produtos no ámbito do viño é moi elevada, é necesario que as empresas produtoras teñan a capacidade de adiantarse a eses cambios e adecuar os seus produtos, cuestión á que a nosa solución tecnolóxica, SENSEBSIT, pode contribuír de xeito capital”, afirma Maribel Quiroga.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El avión más grande del Ejército del Aire realiza una escala técnica inesperada en Santiago antes de recoger tropas españolas en Estados Unidos
