O PP urxe a Raxoi a construír na área da Rocha beirarrúas “accesibles e seguras”
Denuncian que as bandas rugosas non resolveron os problemas dos peóns en Poza Real de Abaixo

O concelleiro popular José Ramón de la Fuente reclamou beirarrúas "accesibles e aseguras" na Rocha / Cedida
Redacción
O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente reclamáballe este martes ao BNG “que leve a cabo coa maior dilixencia a construción de beirarrúas en Volta do Castro, Ponte da Rocha e Poza Real de Abaixo”, coa finalidade “de garantir a accesibilidade e a seguridade da veciñanza”. O PP considera esta situación lonxe do século XXI e denuncia que “estes viais adoecen, en grande parte do seu percorrido, de beirarrúas polas que os peóns poidan transitar sen correr perigo de resultar atropelados por algún automóbil, xa que en moitos tramos teñen que utilizar a estrada para moverse”.
O edil insistiu tamén en que “nos escasos puntos nos que hai beirarrúas, os viandantes andan nunha xincana, xa que os treitos fixéronse de modo caprichoso, sen uniformidade e sen sentido algún e sen a mínima planificación urbanística, nin lóxica”. De la Fuente destacou tamén que “onde deberíamos atopar beirarrúas o que hai son: tramos de terra, de pedras, con grava, soleiras de formigón, de xestas, planimetrías variadas e fochancas perigosas, entre outros elementos”.
As marquesiñas do autobús son outros dos problemas que o PP denuncia nestas rúas da cidade, especialmente en Volta do Castro e Poza Real de Abaixo, “non queda outro remedio que pasar pola estrada, arriscando a integridade física e son inaccesibles para persoas con mobilidade reducida”. De la Fuente incidiu en que o tránsito entre Ponte da Rocha e Poza Real de Abaixo a través da antiga ponte é “especialmente perigoso, xa que os peóns teñen que meterse na estrada e tamén hai que ter o centro educativo ao que acceden alumnos e profesores, aos que se pon en perigo”.
Neste sentido o PP local tamén critica que “a instalación de bandas rugosas nese punto concreto non resolveu o problema, porque aínda que axudan a que os coches limiten a súa velocidade, non impiden que os transeúntes teñan que circular compartindo calzada cos automóbiles”.
Por todo isto De la Fuente lembraba que “os veciños fixeron no seu momento a cesión de espazos para que se levase a cabo unha intervención inmediata que solucionara o lamentable estado das beirarrúas” e denuncia que “os anos seguen pasando sen que a imprescindible e xusta actuación se teña sequera iniciado”. O edil subliñou que “a veciñanza está cansa de falsas promesas e de ver como cada día ten que xogarse a vida ao pasar por aí ou saír da casa, polo que reitera a petición de que “se lles conceda o luxo de ter beirarrúas accesibles polas que transitar”.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”


