O PSOE alerta do mal estado do muro da dársena de Xoán XXIII
Os socialistas reclaman maior coidado na poda e mantemento do arborado urbano e fanse eco da denuncia da veciñanza de Casas Novas que critican o abandono das árbores da zona

O PSOE de Santiago alerta do estado do muro da dársena de Xoán XXIII con risco de desprendementos / PSdeG
ECG
Santiago
O PSOE de Santiago advertía este martes do risco de desprendementos no muro da dársena de Xoán XXIII para reclamarlle ao Goberno local “dixilencia” nas súas actuacións para evitar “unha situación de perigo”. Segundo a edil Mila Castro o problema está nunha árbore que presiona as lousas, que corren risco de desprenderse.
Castro reclamou tamén “un maior coidado e mantemento das zonas verdes”, concretamente, no arboredo urbano: “Case todos os días nos chegan queixas pola falta de poda e mantemento”, en relación coa denuncia da veciñanza de Casa Novas sobre o abandono da costa de Santa Isabel.