EUROCOPA

Raxoi “non destinará diñeiro” á instalación de pantallas na praza Roxa na final da Eurocopa

Afeccionados na praza Roxa na Eurocopa de 2012

Afeccionados na praza Roxa na Eurocopa de 2012 / ECG

Redacción

“O goberno local, ao igual que coa Selección de Fútbol Feminina en 2023 ou no partido no que o Obradoiro se xogou o descenso, decidiu non destinar diñeiro público á instalación de pantallas para o seguemento deste tipo de eventos deportivos”. Así respondía o Goberno municipal á petición formulada por rexistro o pasado martes polo Partido Popular compostelán.

A formación liderada por Borja Verea, pedía nesa solicitude que se instalasen pantallas de televisión para o seguemento da final da Eurocopa 2024 que disputará a Selección Española de Fútbol o vindeiro domingo 14 de xullo. O obxectivo, segundo o edil José Ramón de la Fuente, “que os cidadáns e afeccionados poidan compartir a final da Eurocopa, na que a selección española pode converterse, de novo e por cuarta vez, en campioa de Europa”.

Segundo o PP local, “a clasificación da Selección Española de Fútbol para a gran final, xera unha enorme ilusión entre afeccionados e cidadanía, e demandan un lugar público onde compartir e festexar a que pode ser unha grande vitoria”.

La selección española llega a la final de la Eurocopa tras derrotar a Francia

Javier Rosende Novo

De la Fuente puxo en valor a posibilidade “de ver a final nun ambiente comunitario, nun lugar público, que fomentará a confraternidade entre a veciñanza e ofrecerá unha alternativa segura ás persoas que desexen gozar do evento en compañía”. Para os populares, a praza Roxa “sería o lugar idóneo”, polo feito de ser un dos lugares máis céntricos da cidade, “de fácil acceso e de grande capacidade”, mais ningunha destas razóns xustifican para o Goberno local o investimento de diñeiro público.