Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha compostelá con estrela dará o pistoletazo de saída das Festas do Apóstolo

A alcaldesa de Santiago e a concelleira de Festas anunciaron esta mañá que Lucía Freitas será a pregoeira

A cociñeira Lucía Freitas será a pregoeira no Apóstolo 2024

A cociñeira Lucía Freitas será a pregoeira no Apóstolo 2024 / ECG

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Desveleouse o misterio, a pregoeira das Festas do Apóstolo 2024 será a cociñeira, estrela Michelín, Lucía Freitas (Compostela, 1982). A lectura do pregón será o vindeiro venres 19 de xullo ás 21.30 horas, coma sempre no balcón do Pazo de Raxoi na praza do Obradoiro.

A alcaldesa Goretti Sanmartín, a concelleira Pilar Lueiro e Lucía Freitas, encargada este ano do pregón das Festas do Apóstolo

A alcaldesa Goretti Sanmartín, a concelleira Pilar Lueiro e Lucía Freitas, encargada este ano do pregón das Festas do Apóstolo / Cedida

Formada na Escola Superior de Hostalaría de Artxanda, en Bilbao, Freitas abriu en 2009 na Virxe da Cerca o seu primeiro restaurante, A Tafona, recoñecido co galardón da Guía Michelín en 2018 e merecedor de 2 Soles Repsol en 2019. Ademais dunha cociñeira de éxito e recoñecido prestixio, a compostelá non deixa de emprender e se en 2017 abría Lume no Mercado de Abastos da cidade en 2020 creaba a súa liña de xeados, Cinza.

O programa das festas

O pasado mércores o Concello de Santiago daba a coñecer prácticamente todo o contido do programa oficial das Festas do Apóstolo 2024. Unhas festas que contan este ano cun presuposto de 700.000 euros, e que se desenvolverán entre o venres 19 ata o mércores 31 de xullo.

Entre as actuacións anunciadas destacan nomes como o da cantante lusa Maro, Antonia Font, The Harlem Gospel Travelers, Femi Kuti & The Positive Force, Zenet, Mercedes Peón e Capercaillie, que celebrán este ano o seu 40 aniversario como iconos do folk británico.

Tracking Pixel Contents