O PSOE esíxelle a Raxoi que aclare canto vai supor ás arcas municipais a obra na contorna do Clínico
A edil Marta Abal afirma que “é falso que o Concello pague só o 10% da actuación”
Critican a bonificación do imposto de obra

O Concello prevé asinar en xullo o protocolo de actuación na contorna do CHUS / Jesús Prieto

O pasado venres o concelleiro de Facenda, Manuel César, comparecía en rolda de prensa para dar conta do estado no que se atopa a execución do gasto orzamentario e o esforzo investidor que realiza o Goberno local. Ademais destes asuntos, o edil facía mención tamén á exención do IBI –Imposto de Bens Inmobles– do Hospital Clínico –CHUS–, unha vez que se acometan as obras de reurbanización para a mellora da mobilidade da contorna, así como a construción do no aparcamento.
A raíz das súas declaracións o Grupo municipal socialista poñía onte o foco, unha vez máis, na falta de transparencia do Executivo de Goretti Sanmartín e reclamaba, na voz da concelleira Marta Abal “franqueza coas veciñas e veciños da nosa cidade”. Segundo a edil do PSOE, pese a que o protocolo para a construción do aparcadoiro do CHUS “parece estar en vías de formalización, a alcaldesa non está a explicar o que isto vai supor nas arcas municipais”.
Marta Abal afirma rotunda que “é falso que o Concello pague só o 10% da actuación, e vai ser moito máis”. Falaba así en relación ao anuncio de que a Xunta asumirá o 90% dos custos totais, mentres Santiago o 10%, cando inicialmente lle ía corresponder o 20%. “A exención do IBI, que parece comprometerse con esta atuación para o Clínico e o futuro Centro de Protonterapia, suporá, con toda probabilidade, un desembolso anual de preto dun millón de euros”, asegura a concelleira.
A concelleira recalca que “o que se desprende da escasa información que o Goberno local está a facilitar” é o Concello de Santiago “deixará de ingresar sine die ese millón de euros”. Por estas razón, o Grupo municipal socialista reclama “que os servizos económicos” de Raxoi “informen da viabilidade da operación e das consecuencias da mesma na estabilidade financeira do Concello”.
Marta Abal remarca nas declaracións enviadas á prensa que “non hai que esquecer nesta negociación o Concello xa aceptou a localización do aparcamento que quería a Xunta”, en referencia á cesión do Goberno de Sanmartín, que inicialmente negaba a viabilidade de executar a obra do novo aparcadoiro dentro da parcela hospitalaria.
Abal critica tamén que o Goberno local aceptase “achegar o 10% da financiación para un aparcamento que empregarán usuarios dun hospital que dá servizo a 46 concellos, incluso de fóra da provincia”. No seu repaso, ás cesións do Goberno bipartito durante as negociacións coa Xunta, a concelleira do PSOE tamén destaca a aceptación de “incluír a bonificación do imposto de obra, que supón unha achega de máis de 1,2 millóns de euros”.
“Todas e todos queremos resolver o problema de mobilidade na contorna do Hospital Clínico, pero temos claro que o protocolo que se anuncia non supón ningún compromiso firme por parte da Xunta”, apunta coma xa fixera no seu día a súa compañeira de bancada, Mercedes Rosón. “A letra pequena do acordo e a falta de aclaracións, xa non se axustan tanto á postura común que sempre defendemos as forzas progresistas deste Concell, conclúe Abal.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
