Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carlos Núñez pechou o festival Folk na Beira do Sar cun concerto máxico na Colexiata

O gaiteiro galego cumpríu coas expectativas dos asistentes, reunindo a 1.000 persoas no histórico recinto onde se celebrou a actuación

Carlos Núñez pechou o festival Folk na Beira do Sar

Javier Rosende Novo / Jesús Prieto

Antía Suárez

Santiago

Nun ambiente familiar e cun público interxeracional, o agardado concerto de Carlos Núñez, broche final do festival Folk na Beira do Sar, deleitou onte a máis de 1.000 persoas na Colexiata de Sar. O músico galego incorporou diferentes intrumentos dos países celtas, melodías e narración oral, elevando o concerto a unha experiencia multicultural e envolvente.

Días antes, Núñez expresou que para el é moi importante tocar no Sar, xa que é “o Santiago da xente”, e ao ser un lugar rodeado de natureza por onde pasa o río Sar, é un espazo idóneo porque a maxia natural mesturouse coas súas pezas folk.

Esta actuación forma parte da xira Lugares máxicos, que leva 10 anos en activo. Núñez leva actuando neste festival tres anos consecutivos, pero a actuación de onte á noite foi especial, xa que foi a estrea ao aire libre por primeira vez en Galicia do seu novo disco, Celtic Sea. Este é un traballo que naceu da colaboración entre o músico e a compañía Bryttany Ferries, que move tres millóns de almas entre as fisterras atlánticas dos países celtas, e que conecta Irlanda, Bretaña, sur de Inglaterra e o norte da Península Ibérica. O disco está formado por un himno que soa en todos os barcos da compañía, e despois unha sinfonía creada para unha viaxe na que se percorrerán os países celtas: Gales, Cornualles, Irlanda, Escocia, Bretaña, chegando ata Galicia.

Tracking Pixel Contents