DÍA DO TRAXE GALEGO
Unidos pola tradición e o amor: Regueiro e Rosón honran o traxe galego e a memoria este Apóstolo
O artesán e investigador compostelán viste a concelleira que oficiou o seu casamento en Raxoi e el levará o do seu marido, Alfredo Iglesias, finado no 2021

Mercedes Rosón con Álex Regueiro e Alfredo Iglesias en Raxoi o día que os casou hai dezaseis anos / cedida

O traxe galego sae este domingo do armario para tomar a rúa na 45ª edición do seu día, unha celebración que rende homenaxe á vestimenta tradicional de Galicia enmarcada nas Festas do Apóstolo.

O artesán do traxe tradicional Álex Regueiro e a concelleira Mercedes Rosón desfilan este domingo xuntos no Día do Traxe / Alfredo Iglesias
Este ano o evento contará, entre outras, coa participación especial do artesán, produtor e investigador teense Álex Regueiro e da concelleira Mercedes Rosón, que desfilarán xuntos portando cadanseu traxe tradicional galega cargados de significado.
Hai dezaseis anos, o 22 de setembro de 2007, a concelleira Mercedes Rosón casaba no Pazo de Raxoi a Álex Regueiro coa súa parella Alfredo Iglesias, fotógrafo, deseñador e escritor falecido en 2021. Ambos leron os seus votos e déronse o si quero vestidos con sendos traxes tradicionais galegos.

Álex Regueiro e Alfredo Iglesias á saída do seu casamento en Raxoi o 22 de setembro de 2007 / Mónica Castuera
Regueiro volverá poñer este domingo o traxe de Alfredo para ir 'de ganchete' con Rosón, a quen vestirá cun traxe tradicional galego de gala, unha réplica elaborada a partir dos patróns dun modelo que ten a súa peculiar historia. “Este traxe foi confeccionado por un xastre da Picota, cerca de Sergude. A particularidade é que, a familia da noiva encargou o traxe antes de saber con quen casaba. Antes, moitos matrimonios eran concertados, e resulta que acabou casando co fillo do xastre”, relata Álex.

Mercedes Rosón con Álex Regueiro e Alfredo Iglesias en Raxoi o día que os casou, fai agora dezaseis anos / Alfredo Iglesias
Un traxe de gala
"Un traxe de noiva, entre a comarca da Ulla e a da Maía, que son os campos que eu traballo, segundo as miñas investigacións, levaba sete enaguas. Mercedes non vai levalas, porque sería moi incómodo. A cousa era que canta máis tela tiña o vestido, máis poder adquisitivo tiñas, porque podías mercalas e tiñas tempo para bordar as túas puntillas, que era ao que se dedicaban. Tamén leva unha basquiña, un mantelo, un mandil, a chambra, un xustillo, unha chaquetilla, os aderezos e as xoias e os panos e cofia ou pañuelo".

O traxe tradicional que levará Mercedes Rosón no Día do Traxe e que Álex Regueiro recolleu no ano 1995 / cedida
Conta Álex Regueiro que o vestido recolleuno no ano 1995 a partir dun orixinal de 1989 confeccionado por xastres da Picota. Ese traxe usábase para acompañar a virxe de Sarandón. "Como era moi pequeniño, unha rapaza nova poñíao para a baixada da virxe da Ulla. A curiosidade é que o traxe vai bordado con flores, e chegaron a chamarlle o traxe das flores".
Álex volve participar no Día do Traxe Galego tras máis dun lustro ausente pola súa disconformidade con como se foi organizando. "Unha cousa é o folclore e outra o que vestían os nosos devanceiros antes. O folclore adapta isto, porque os tecidos xa non existen. Eu son bastante talibán do traxe tradicional, e creo que o queda del hai que replicalo ben, gardar a súa esencia, e non estaba de acordo con como se estaba a facer ese día". Regresa este ano, di, "para sumar", porque considera que é fundamental "darlle pulo a este símbolo da nosa cultura tradicional".
"Debería vestirse todos os días, e non só este", di Regueiro, "como pasa co Día do Orgullo ou o Día da Muller, que pasa o día e pasa a romaría. Hai que vestir máis o traxe tradicional que está oficialmente considerado de ‘etiqueta’ países coma no Reino Unido, onde o rei Carlos III viste o kilt en recepcións oficiais como símbolo da súa cultura e tradición”.
Álex Regueiro e Mercedes Rosón tomarán parte no desfile que partirá da Alameda de Santiago ás 12:00 h percorrendo as rúas da zona monumental, de Porta Faxeira á Praza de Cervantes.
- El cielo de Santiago se llena de helicópteros militares de las Fuerzas Armadas tras la suspensión del desfile aéreo en Vigo
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Una empresa gallega estudia crear una aerolínea con sede en Lavacolla
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- El bar con uno de los bocadillos más famosos de Santiago: 'Llegué a vender 1.400 en 4 horas
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
- El cobre, cuarzo y wolframio que pueden cambiar la economía del área de Santiago: 'Es una zona desconocida pero muy rica en minerales

