Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE, moi crítico co “novo anuncio” de Raxoi para levar o parque de bombeiros a Amio

O edil de Mobilidade defende que a decisión “responde a criterios técnicos” coa meta “de termos unha estación máis operativa”

Así se encuentra actualmente el antiguo edificio previsto para albergar el parque comarcal de Bomberos de Santiago

Javier Rosende Novo

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O Grupo municipal socialista en Raxoi amósase disconforme co proxecto do bipartito de construír en Amio o novo Parque Comarcal de Bombeiros, en palabras do seu voceiro, Gonzalo Muíños, a proposta presentada o luns por Xan Duro –Compostela Aberta– non é máis que “un novo anuncio”. Segundo Muíños, trátase de “publicidade enganosa” e pon o foco nas cifras que se dan para a súa construción, e que o Executivo de Goretti Sanmartín cifra en 2,8 millóns de euros –equivalente ao gasto previsto para rehabilitar a estación de Salgueiriños–. O PSOE fai referencia á necesidade, entre outras cousas, de construír unha rotonda, o que segundo os seus datos elevería o custo aos “5 millóns”.

Muíños explica na súa comunicación “para poder trasladar alí o parque sería precisa a urbanización da contorna” así como “facilitar os accesos e a mobilidade dos camións de bombeiros” e acusa ao bipartito de “enganar á xente” ao afirmar que a actuación non superará os tres millóns. O edil socialista tampouco deixou escapar que aínda non está asinado o convenio coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. “Non existe acordo formal e asinado co resto das administracións implicadas para sufragar esta infraestrutura. Tampouco para a comarcalización do servizo xa que, a pesar das declaracións públicas de boas intencións, desde marzo non se materializou esta cuestión sobre o papel”.

“A pesar de que durante febreiro e marzo correron ríos de tinnta sobre esta cuestión, ao final non existe, que se saiba, ningún papel asinado para unha cousa nin a outra” lamentou Gonzalo Muíños que tamén criticou que ademais a decisión do concelleiro Xan Duro de “desvincular” a comarcalización da construción das novas instalacións na negociación de marzo, “precisamente nesa altura o edil de CA evitaba falar da localización das novas dependencias”.

¿Qué pasará co edificio de Salgueiriños?

Muíños indicou tamén que con este anuncio “non se concreta tampouco o futuro do edificio de Salgueiriños. O único que hai por agora é un anteproxecto para facer alí unha Casa da Mocidade”. Por esta cuestión os socialistas amosáronse especialmente críticos coa posibilidade de que exista “un proxecto para unha nova casa da xuventude sen saber que vai pasar coa actual que se segue deteriorando no Matadoiro despois de tirar ao lixo unha subvención provincial de un millón de euros que permitía rehabilitala”.

Para os socialistas, ademais, “debera terse en conta á hora de tomar a decisión final sobre se Amio é a localización axeitada para o parque o uso que se lle quere dar ao recinto feiral de Amio”. “Nalgún momento se pararon a pensar en posibles usos para ese enorme espazo mais aló do mercado de gando?”, preguntábase Muíños para defender que se debera ter en conta este recinto polos posibles efectos de levar alí a nova estación de bombeiros.

Esqueleto del edificio para el parque comarcal de Bomberos de Santiago, en el barrio de Salgueiriños

Esqueleto del edificio para el parque comarcal de Bomberos de Santiago, en el barrio de Salgueiriños / Antonio Hernández

Dende o Goberno local, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, insitiu en que “a decisión responde a criterios técnicos, co obxectivo de termos un parque máis operativo, máis seguro, e con maiores posibilidades de desenvolvemento”. Duro lembrou en declaracións a este diario que o mesmo xefe dos bombeiros “explicou que o propio servizo demandou unha localización alternativa a Salgueiriños, elaborou un informe que recolle as eivas dese inmoble: malos accesos, inseguridade, falta de espazo para prácticas e manobras…”.

Sobre o orzamento de 2,8 millón e o apunte do PSOE que o cifra en arredor de 5 millóns, Xan Duro explicou que “o orzamento é o estimado no anteproxecto, que está feito por profesionais”, e tamén insitiu ao respecto da estrutura de Salgueiriños en que “o fin coñecerase no seu momento”.

Tracking Pixel Contents