Aprobada a restauración da fachada do Parador que máis factura de España
Paradores licitará tamén actuacións nos patios de San Xoán e San Marcos e traballará na lonxa, nas drenaxes e na iluminación do edificio

O Concello de Santiago deu luz verde á licenza de obras de Paradores para restaurar a fachada do Hostal dos Reis Católicos / Jesús Prieto

O Hostal dos Reis Católicos permanecerá oculto aos ollos de veciños, turistas e paseantes, previsiblemente, dende finais deste ano. A razón é a restauración da fachada deste emblemático edificio da praza do Obradoiro, xunto a outros elementos do inmoble como os patios de San Xoán e San Marcos. O anuncio fíxoo este luns a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, que compareceu en rolda de prensa para dar conta dos acordos aprobados na xunta de goberno local.
Louzao explicou que o Goberno municipal aprobou conceder esta licenza de obra a Paradores de Turismo de España, unha restauración que ten un orzamento de execución material de 8,8 millóns de euros e que vai incluír, ademais da fachada e dos patios de San Xoán e San Marcos, traballos na lonxa, drenaxe e iluminación do antigo Hospital Real de Santiago. Durante a súa comparecencia, a concelleira especificou que dende o Concello se lle solicitou a Paradores que “aproveitando a oportunidade que ofrece a escavación dunha gabia na rúa, se soterren os tendidos que estean despregados pola fachada leste do propio inmoble monumental”.
As empresas públicas que deben licitar agora a obra son Segipsa (Sociedad Mercantil Estatal de Gestión Inmobiliaria del Patrimonio) e, principalmente, Turespaña. Segundo puido saber EL CORREO GALLEGO a previsión é que as obras dean inicio a finais deste ano. Unha rehabilitación que forma parte do Plan de investimentos de Turespaña e de Paradores para “cuidar, renovar y mantener” os edificios da cadea hoteleira e que inclúen actuacións en 39 construcións declaradas BIC (Ben de Interese Cultural) así coma a execución do Plan director de conservación doutros 52 paradores.
O proxecto para a rehabilitación asínao o arquitecto Fernando Cobos, cuxo estudio xa acometeu actuacións semellantes en diversas construcións patrimoniais de toda España. Algunhas delas foron a consolidación dos castelos de Ponferrada (León) e de Osma (Soria), a restauración da igrexa de Santa María de Calañazor (Soria) ou a do Castelo de Trigueros del Valle (Valladolid).
A dirección do Hostal dos Reis Católicos terá que asumir, unha vez que dean comezo os traballos, a combinación destes e a acollida de hóspedes e eventos, xa que estas obras se unen ás iniciadas no verán pasado e que se prolongarán ate 2026, cando menos. Trátase das actuacións do Plan director de Turespaña e que no caso do Hostal se cinguen á recuperación de elementos en mal estado coma as pilastras da Capela Real. Uns traballos orzamentados en 13,5 millóns de euros, financiados tamén con fondos Next Generation.
Líder en facturación
O que fora Hospital Real de Santiago foi en 2023 o establecemento hoteleiro da rede de Paradores que máis facturou, chegando aos 12,8 millóns de euros e superando en 700.000 o dato de 2022.
Ademais, a ocupación media anual do parador da capital galega acadaba o ano pasado o 77%. En canto á restauración, pechou 2023 con 71.585 cubertos vendidos. “Son datos muy positivos, teniendo en cuenta que hemos mejorado la cifra de facturación del Año Santo de 2022, lo cual pone de manifiesto la dimensión del dato del año pasado. Además, la perspectiva para este ejercicio también es muy positiva”, afirmaba cando se deron a coñecer os datos o director do Hostal dos Reis Católicos, Santiago Carrera.
Suscríbete para seguir leyendo
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”

