Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obradoiros e roteiros de sensibilización ambiental no Verán de Belvís de 2024

O venres haberá unha cita para buscar plantas medicinais e culinarias

Educación ambiental no parque de Belvís

Educación ambiental no parque de Belvís / Antonio Hernández

Antía Suárez

Santiago

Durante os meses de verán, o Concello de Santiago ofrece unha serie de actividades de sensibilización ambiental co obxectivo de concienciar a cidadanía no respecto ás zonas verdes e e os beneficios que aporta a xestión sostible destas. Esta iniciativa programa actividades para todas as idades, que se desenvolven no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela), localizado no parque de Belvís. A programación, que xa se leva realizando dende o mes de xullo, son de luns ao venres, cunha duración de entre 2 e 3 horas, comezando todas ás 11:30 da mañá. Todas elas están conducidas por educadores e educadoras ambientais, e dependendo da idade e coñecementos, estas adáptanse segundo as necesidades dos asistentes.

Hoxe terá lugar o roteiro de Galeras a O Romaño, que comeza no Campo Municipal de Santa Isabel, e o mércores 7 será o momento do de Galeras a Ponte Sarela, que sairá do mesmo sitio. Todas as actividades requiren de inscrición previa a través dun formulario electrónico no espazo web de Compostela Verde.

Máis tarde, o xoves 8, impartirase o Obradoiro de construcións de hoteis para insectos. Neste taller os asistentes construirán cadanseu un hotel para os insectos e que levaran eles para que os coloquen onde desexen. Esta práctica busca por en valor aos insectos, que son esenciais para os espazos verdes, posto que son a base da cadea trófica. Ademais, o 8 tamén se celebrará un dos roteiros guiados por espazos verdes, e que será de Belvís ao Banquete de Conxo, comezando no CIPX.

O venres 9, terá lugar a Expedición botánica na procura de plantas medicinais e culinarias, que tamén comezará no Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns. Nesta actividades realizarase un itinerario na procura das plantas con usos medicinais ou culinarios, presentes na contorna do CIPX, e ao mesmo tempo, explicaráselle aos asistentes a multitude de usos que poden ter estas plantas.

Esta será a programación desta semana, pero haberá obradoiros e roteiros ata o venres 6 de setembro, data na que remata esta edición de Verán en Belvís.

O programa conta cun número de actividades que se repiten ao longo destes tres meses, polo que as actividades xa descritas previamente teñen outras sesións previstas, e tamén haberá outras como As carballeiras de Compostela e o Obradoiro de horticultura creativa en espazos pequenos. A primeira é unha actividade onde se reivindica o papel das carballeiras ao centrarse no concepto de bosque, o seu funcionamento, os seus beneficios e a importancia da súa conservación, e a súa próxima sesión será o 12 de agosto. A segunda, é un obradoiro no que se ensina a preparar a terra para mellorar o crecemento das hortalizas, realizar correctamente a plantación ou a sementeira, os mellores modos de rega, mellorar o fertilizantes e os diferentes labores de mantemento dos cultivos, tales como podar, entitorar, aporcar… A próxima cita será o 20 de agosto.

Tracking Pixel Contents