Once ciclos de FP de Santiago impartiranse nunha lingua estranxeira o próximo curso
A nivel Galicia serán preto de 150 xunto con mestrados

Alumnos de Cociña e restauración nunha clase do CIFP Compostela. / Xoán Álvarez

Un total de 11 ciclos de Formación Profesional de cinco centros de Santiago desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2024-25. Trátase do ciclo de grao superior de Guía, información e asistencia turísticas (inglés en primeiro e francés en segundo), que se impartirá no IES Plurilingüe Rosalía de Castro. A este súmase Laboratorio de análise e de control de calidade, en inglés, que se impartirá no CIFP Politécnico de Santiago. No CIFP Compostela haberá catro ciclos plurilingües: Preimpresión dixital; Xestión de aloxamentos turísticos; Dirección de cociña e Dirección de servizos de restauración. Están incluídos na modalide de grado superior, a excepción de Preimpresión dixital e todos incluirán o inglés na súa formación.
A maiores súmase Sistemas microinformáticos e redes (portugués); Administración de sistemas informáticos en rede (portugués); Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (inglés) e Desenvolvemento de aplicacións web (inglés), do IES San Clemente. O primeiro e de grao medio e os restantes títulos de grao superior.
Por último, o IES A Pontepedriña ofertará o ciclo de grao superior en Comercio internacional en inglés.
A nivel Galicia, serán 147 os ciclos e mestrados de Formación Profesional de 31 centros os que o próximo curso académico incluirán outros idiomas na súa formación.
A Xunta publicou recentemente no DOG a resolución definitiva pola que se autoriza a incorporación dun total de 75 ciclos formativos e cinco mestrados plurilingües novos que comezan a partir de setembro, e que se engaden aos 67 que xa comezaron o ano pasado e que continúan no segundo curso. En 66 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como son francés, italiano ou alemán, e en sete a formación será impartida en portugués.
Eugenia Pérez: “Promóvese unha maior inserción laboral, dentro e fóra das nosas fronteiras”
A partir destes datos, a directora xeral de FP, Eugenia Pérez sinala que a aprendizaxe de linguas estranxeiras é “unha necesidade” en todos os niveis educativos. No caso das ensinanzas de FP, “é preciso que os titulados conten con ferramentas que lles permitan dar resposta a un tecido produtivo galego altamente internacionalizado”.
Deste xeito, Pérez transmite que “o programa de plurilingüismo supón unha mellor cualificación para o alumnado, ao tempo que se promove unha maior inserción laboral para estes titulados, dentro e fóra das nosas fronteiras”. Son as propias empresas colaboradoras da FP, segundo sinala a directora xeral de FP, as que expresan a necesidade de “contar con profesionais cualificados para manexar outras linguas no actual contexto globalizado”.
Por ese motivo, e a maiores do programa de ciclos plurilingües, a Xunta tomou a decisión de incorporar un módulo de inglés autonómico no ano 2019 a todos os ciclos de FP Dual e en todos os títulos implantados a partir dese mesmo ano. A maiores, e no marco da nova normativa de Formación Profesional, a Xunta vai duplicar o inglés nos ciclos formativos a partir do vindeiro curso 2024-25 con respecto do mínimo establecido polo Ministerio de Educación. “Imos manter o módulo de inglés autonómico implantado en 2019 e, adicionalmente, vaise incorporar o novo módulo de inglés que inclúe a nova normativa”, explica en detalle Eugenia Pérez.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago

