Antonio López: “Sería interesante ter unha residencia en Xoán XXIII pola elevada demanda de prazas”
O reitor da USC cree que é unha opción para ubicar na parcela das facultades de Educación e Enfermería, tras a modificación do PXOM

Estudantes da USC entrando na facultade de Enfermería / Antonio Hernández

A comunicación de que o Concello acordara a suspensión do uso hoteleiro das facultades de Educación e Enfermería, ubicadas na avenida Xoán XXIII, asignado en 2002, cunha nova modificación puntual do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) que este mesmo luns saiu a información pública non sorprendeu á Universidade de Santiago, propietaria dos inmobles.
“Desaparece a posibilidade de uso hoteleiro, xa que tampouco estivo anunciado no mercado como tal e non se chegou a percibir un interese por parte do sector”, sinala en conversa con EL CORREO GALLEGO, o reitor da USC, Antonio López. En calquera caso considera favorable que o proceso se desenvolva “canto antes” para ter claro cal é a situación urbanística. “No futuro trataremos de poñelo en valor dacordo cos usos previstos no plan por parte do Concello”, afirma.
López relata que xa coñecían dende a institución a suspensión inicialmente por un ano de calquera iniciativa urbanística que afectase á parcela na que se atopan ambas facultades. “Polo momento segue tendo un uso universitario, pero é posible que nun futuro, máis inmediato para Enfermería, cambie”, sinala.
O reitor recorda que esta titulación vai contar cunha nova facultade na Cidade da Saúde, e no ámbito de Ciencias da Educación “empezaremos a traballar nos proxectos para tratar de unificar as facultades no campus sur”. Unha vez que deixen de ter interese para un uso docente da universidade dentro dos destinos previstos no plan a USC tratará de “buscar a mellor solución”.
Dende a concellería de Urbanismo calificouse a parcela como dotación pública do sistema xeral de equipamento comunitario (RE-OE.6) con diversos usos: docente-investigación (incluído o de residencia de estudantes), deportivo, sanitario e asistencial, sociocultural e público-administrativo, entre outros. Sobre esa posibilidade de que se sitúe alí unha residencia o reitor considera que “sería unha solución interesante porque hai unha demanda importante de prazas de aloxamento para o estudantado”. Tamén considera que o espazo se podería destinar a usos administrativos para a universidade ou incluso outras administracións. “Teremos que valorar no seu momento pero non é unha decisión que teñamos xa tomada”, di.
“Está todo moi encamiñado para lograr financiación da Xunta para Farmacia”
A Xunta e a USC continúan sen pechar a financiación necesaria para a nova facultade de Farmacia, se ben o reitor amósase positivo. “Establecemos contacto en varias ocasións antes de verán e retomarémolos inmediatamente. Penso que está todo moi encamiñado para que poidamos ter unha solución financeira e poder licitar canto antes a primeira fase do complexo Cidade de Saúde, a facultade de Farmacia”, conta, se ben recoñece que polo de agora “non temos a concreción definitiva”.
Nun principio contemplábase que o alumnado de Farmacia realizase os estudos na nova facultade no curso 2025-2026. “Cando aínda non temos licitado é moito arriscar ver cales son os prazos”, recoñece Antonio López, se ben di que coa situación actual o obxectivo é que durante o ano 2026 “poideran estar entrando no novo centro”.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
