Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Alfonso Rueda condena o “incivismo” dalgúns visitantes pero chama a evitar a turismofobia

Turistas nos arredores da praza da Inmaculada

Turistas nos arredores da praza da Inmaculada / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pronunciouse este mércores sobre os últimos acontecementos “incívicos” producidos nos arredores da Catedral compostelá –con atentados aos bens patrimoniais e acampadas e picnics nas principais prazas– e máis sobre a posibilidade de implantación da taxa turística na cidade. O xefe do executivo autonómico referiuse a estas cuestións no Monte do Gozo, a onde se desprazou para compartir cos voluntarios da Cruz Vermella encargados do programa Contigo no Camiño, que reforza a atención aos peregrinos no Camiño francés.

“A ninguén lle gusta ver xente durmindo na praza da Quintana ou en Praterías ou tendo comportamentos incívicos no Obradoiro”, dixo Rueda, “pero teñamos sentidiño” pediu para evitar os “comportamentos turismofóbicos” porque “catro non representan a catro mil”. 

Neste sentido o presidente da Xunta destacou que os galegos “somos hospitalarios” e pediu á cidadanía que “non pensemos que tres ou catro desalmados representan o conxunto dos milleiros que chegan cada día a Compostela”. Rueda lembrou que “hai días que se superan as 3.000 compostelas” e puxo en valor a importancia do turismo para a economía de Galicia, defendendo que cómpre ver neste sector “unha oportunidade e non unha ameaza”.

Taxa turística para Santiago

O presidente Alfonso Rueda tamén falou cos medios de comunicación sobre a resposta da Xunta de Galicia á solicitude do Concello de Santiago para que Administración autonómica permita a implantación da taxa turística na capital galega. “Esperamos case nove meses pola proposta e en apenas mes e medio xa reclaman unha resposta”, foron as súas primeiras palabras.

Aínda así, Rueda asegurou que o Concello era coñecedor das condicións da Xunta para dar luz verde á súa proposta “e se as cumpre concederase”. Mais o presidente tamén destacou que “a partir dese momento o Concello será responsable da súa imposición e das consecuencias e dos problemas” que dela deriven. “De acordo co que sostén o Concello que pode resolver coa taxa turística serán responsables de dar solucións”, insistiu o presidente da Xunta. 

Unha vez máis Rueda afirmou que a Xunta está a facer o estudo técnico da proposta e “se se cumpren as condicións a resposta será afirmativa”.

Tracking Pixel Contents