Gonzalo Muíños, de cara ao novo curso político: “Sanmartín ten que demostrar se ten algún proxecto para Compostela”
O portavoz municipal do PSOE cita a mobilidade e a vivenda como os principais ámbitos que requiren avances

Vistas de Santiago dende o Monte Pedroso / Antonio Hernández

De cara a un novo curso político, o portavoz municipal do PSOE, Gonzalo Muíños, considera que o goberno local “comeza setembro cos exames de recuperación”. Comenta que despois dun primeiro ano “vivindo da inercia dos proxectos do goberno socialista, tócalle á señora Sanmartín demostrar se ten ou non algún proxecto para Compostela”.
Muíños cita dúas cuestións sobre as que se debe prestar unha atención especial: a mobilidade e a vivenda. “Non sabemos nada do estado actual da concesión do transporte público, das novas licenzas de taxi e do futuro da rede de aparcamentos que precisa Compostela, nin das promesas baleiras sobre a solución do CHUS”, di, referíndose a “anuncios e promesas en papel mollado”.
Sobre a cuestión de vivienda sostén que se os socialistas non presionaran para acadar avances neste eido, o actual goberno “deixaría esta cuestión nun caixón”. Así, seguirán demandando “a declaración de zona tensionada para alugueiro, a creación dunha empresa pública que volva impulsar a creación de vivenda protexida e xestione alugueiros públicos para os veciños e veciñas que máis o precisen, así como políticas realistas e efectivas para a rehabilitación do patrimonio”.
O socialista incide así no que resta de lexislatura traballarán para lograr “unha cidade onde poder vivir mellor cada día”
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago

