Tecer lazos de comunidade a través do teatro afeccionado co XXIII festival Agustín Magán
Seis compañías actúan os días 7, 8, 21, 22, 26 e 27 no Principal, no Salón Teatro e no CSC Santa Marta

Ditea actúa o vindeiro domingo no Salón Teatro / Facebook

Setembro é para o teatro amador, da man do festival Agustín Magán, unha cita para poñer en valor a creación de novos públicos e a promoción da cultura e a lingua galegas. Un evento do que dende os centros socioculturais (CSC) se defende “a boa acollida que cada ano ten entre o público” e o edil responsable desta área, Xan Duro, defende o seu valor “social e para tecer lazos de comunidade”.
Seis compañías subirán aos escenarios do Teatro Principal, da sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta e do Salón Teatro, na XXIII edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado por Fegatea (Federación Galega de Teatro Afeccionado) e que conta coa colaboración, ademais do Concello de Santiago, da Xunta e do Centro Dramático Galego (CDG).
Durante a rolda de prensa de presentación deste evento, o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor que Galicia é un dos territorios do Estado “cunha maior vitalidade no teatro afeccionado”, destacando as arredor de 60 formacións que integran Fegatea, sobre a que salientou o traballo “fundamental e dunha grande capilaridade, conectando con Portugal e Castela e León”.
Na rolda de prensa, o edil Xan Duro reiterou a vontade do Concello de manter a colaboración con Fegatea “dende o máximo recoñecemento ás compañías de teatro amador, que comparten coa rede de centros socioculturais unha función social que vai máis alá da artística e que contribúe a crear lazos comunitarios”. “Para nós tamén é fundamental que este festival chegue a outros espazos como a rede de centros, que garante achegarse a novos públicos menos afeitos a consumir teatro”, engadiu o concelleiro.
O programa
As representacións, todas de balde, comezan esta fin de semana no Salón Teatro, onde o sábado ás 20h. se escenifica Entrañas negras do grupo Disfunción Continua; e o domingo ao festival chega a representación compostelá da man de Teatro de Cámara Ditea con Un mal día teno calquera.
Os días 21 e 22 de setembro, o festival pasa as representacións ao Teatro Principal, tamén ás 20 horas. O sábado Porta Aberta presenta Get back e o domingo, Gargallada Teatro, Crónica dun pobo. O peche da XXIII edición celebrarase na sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta. O xoves 26 de setembro, Teatro Antas de Ulla representa ás 19.30h. Yerma; e o venres 27 ás 19h. Teatro Pesadelo sobe ás táboas con Desaquelando.
Nesta ocasión o festival ofrece tamén formación co Obradoiro intensivo de técnica vocal que a cantante Mónica de Nut impartirá os días 14 e 15 de setembro.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo

