O Concello traballa no I Plan Municipal de Saúde, "global e transversal"
Ponse a atención na saúde mental e na prevención do suicidio
Estase a actualizar o Diagnóstico local de saúde de 2022

A concelleira Pilar Lueiro durante a xuntanza do Consello Municipal de Saúde / CEDIDA

O Consello Municipal de Saúde reuniuse este martes por segunda vez dende a súa constitución en xuño e fíxoo no espazo Cabes (Casa da Asociación do Benestar Social). Nunha sesión presidida pola edil Pilar Lueiro, concelleira delegada da UMAD (Unidade Municipal de Atención ás Drogodependencias), asistiron profesionais da saúde, membros do tecido asociativo da cidade e edís de todos os grupos da Corporación local, entre eles os concelleiros de Urbanismo e Mobilidade, Iago Lestegás e Xan Duro.
Este organismo participativo e consultivo para o Executivo local traballa na redacción do I Plan Municipal de Saúde, centrado na prevención a través da promoción de actividades físico-deportivas para a infancia e os maiores, así coma na atención e información sobre os trastornos adictivos e a saúde mental. Ao tempo, comezou a actualizarse o Diagnóstico municipal de saúde (de 2022) recabando datos como indicadores de mortalidade ou interrupcións voluntarias do embarazo, entre outras cuestións. Un traballo que segundo a concelleira Pilar Lueiro o executivo agarda ter actualizado a finais de ano, mentres o plan de saúde prevén que vexa a luz no segundo semestre de 2025.
"O obxectivo do Consello Municipal de Saúde é analizar colectivamente a situación sanitaria de Santiago, aproveitando a diversidade de perfís e poñendo en común os retos", explicou Lueiro. Unhas metas que aínda tendo carácter "global e transversal" poñerán especialmente o foco na saúde mental.
A concelleira contou tamén que o Concello de Santiago ten previsto participar no vindeiro novembro na asemblea da Rede de Cidades Saudables, como xa se fixo no mes de xuño, á que levarán tamén propostas de traballo vencelladas coa saúde mental e a prevención.
Suicidio
Ao fío da celebración este martes do Día Internacional para a Prevención do Suicidio, a concelleira Pilar Lueiro achegou datos da Policía Local relativos ás súas actuacións relacionadas coa saúde no que vai de ano. Segundo indicou a edil, o corpo de seguridade municipal actuou en 66 ocasións, das cales 63 foron tentativas de suicidio. Datos polos que Lueiro pon énfase na necesidade de incrementar a información para sensibilizar a cidadanía.
O Consello
O Consello Municipal de Saúde é un órgano colexiado de participación comunitaria para a consulta, asesoramento e seguemento das accións en materia de protección e promoción da saúde, así como da actividade sanitaria no ámbito local.
Trátase dun órgano permanente de participación, asesoramento, consulta, proposta, información, comunicación e debate, cuxo ámbito de actuación é coincidente cos límites e competencias municipais e sempre referido á temas de saúde pública.
As súas funcións abranguen a representación e canalización da participación comunitaria en temas de saúde ou asesoramento e a elaboración de propostas de actuación en materia de saúde, así como o seguemento das mesmas.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”

