Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Raxoi prevé liquidar unha débeda de dous millóns de euros co Plan de Control Tributario

A xunta de goberno local aproba de xeito definitivo a relación de postos de traballo do Concello

A Mesa da Hostalaría contará cun regulamento como base do seu marco normativo

A voceira do Goberno local, Míriam Louzao, na sala de prensa do Pazo de Raxoi

A voceira do Goberno local, Míriam Louzao, na sala de prensa do Pazo de Raxoi / CONCELLO

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A concelleira Míriam Louzao compareceu en rolda de prensa coma cada luns para dar conta dos acordos aprobados na xunta de goberno local, entre os que destaca a posta en marcha do Plan de Control Tributario 2024. A edil quixo remarcar que éste “non se rexe por un afán recadador, senón por principios de xustiza tributaria e, polo tanto, social” e detallou que “afectará a algo máis de mil expedientes”. 

Segundo os datos que manexa Raxoi, este plan “pertimirá a liquidación dunha débeda estimada duns 2 millóns de euros”. A concelleira explicou que para levar a cabo este labor de inspección e control utilizaranse diferentes métodos de selección”, algúns aleatorios e outros a partir da información que ten a propia Tesouraría municipal”. 

Tamén se aprobou de xeito definitivo a RPT –relación de postos de traballo– do Concello de Santiago, que entrará en vigor unha vez que saia publicada no BOP –Boletín Oficial da Provincia–. Louzao lembrou que a aprobación inicial da RPT se fixo o 22 de xullo e foi negociada cos sindicatos “en dúas mesas xerais de negociación”, obtendo na última “o apoio maioritario”. “Durante o período de exposición pública presentáronse 13 alegacións, que foron rexeitadas ao carecer de fundamentos para a súa aceptación”, engadiu.

Obras no rural

A xunta de goberno tomou a decisión de contratar as obras de execución para a “mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras”, un proxecto ao abeiro do POS+ 2024 cun orzamento de licitación de 355.699 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de catro meses. As actuacións consistirán na “cubrición da pista deportiva exterior, a dotación dunha pista de pádel, a reforma dos vestiarios e a mellora da accesibilidade”.

Tamén se acordou a adxudicación do contrato de obras de pavimentación no lugar de Vilamaior (Sabugueira)”, ao abeiro do POS+ 2023, por un importe de 383.600 euros. Trátase de acondicionar seis vías, que comprenden case 1,5 Km, repoñendo o pavimento, executando beirarrúas e mellorando a evacuación de pluviais. O prazo de execución é de tres meses.

Ao abeiro do POS da Deputación da Coruña tamén se ampliará a rede de abastecemento dos lugares de Agualada e A Torre, en Marantes, por un importe de 849.958 euros, e a dotación de equipos informáticos nos centros socioculturais do rural, cun investimento de 27.418 euros.

Mesa da Hostalaría

A xunta de goberno deulle luz verde tamén ao Regulamento da Mesa da Hostalaría, un sector “decisivo para o un modelo turístico máis sostible”, afirmou Louzao. Este documento será o marco normativo deste “órgano permanente de diálogo” co sector. O regulamento deberá ser aprobado de maneira inicial no Pleno e despois abrirase un prazo de exposición pública.

Tracking Pixel Contents