A festa da cultura urbana volve á cidade despois de dez anos de ausencia co Compostela Skate
O festival decorrerá o 28 de setembro na praza da Constitución, tras o Parlamento, con competicións e concertos

Os organizadores do evento xunto á concelleira María Rozas / CONCELLO

A cultura urbana recupera o 28 de setembro a súa visibilidade na cidade e faino da man do festival Compostela Skate que chega á súa cuarta edición logo de dez anos sen celebrarse. O evento competitivo de skate, break dance e BMX Flatland (acrobacia en bicicleta), entre outras disciplinas, dará comezo ás 16 horas na praza da Constitución, situada detrás do Parlamento galego e prolongarase até as 20 horas. A partir de aí, até as 23 será a quenda dos músicos, coa presenza de Saibran –compoñente de Boyanka Kostova–, Sandra FG, Mahía e André GS –músico que ensaia no Centro Xove da Almáciga–.
O evento presentouno no Pazo de Raxoi a concelleira de Xuventude, María Rozas, xunto aos coordinadores do Compostela Skate: Alberto Muíño e Rubén Varela, coñecido como DJ Mil.
Retómase agora o evento que entre 2010 e 2014 se celebrou en lugares coma o Campus Sur ou a praza do Toural dentro das festas da Ascensión. Segundo a concelleira María Rozas, o Goberno local “fai unha clara aposta por eventos relacionados coa cultura urbana, porque cremos no seu enorme potencial como ferramenta de transmisión de valores e de xeración de comunidade”.
E decídese situalo na praza da Constitución xa que conta cunhas instalacións creadas para a práctica do skate e punto de encontro da mocidade que practica esta e outras disciplinas deportivas urbanas. Rozas asegurou que “a xornada vai ser todo un espectáculo” e convidou á veciñanza a asistir xa que “tamén pretendemos que se coñezan mellor estas disciplinas artísticas e deportivas, que acaban de chegar mesmo aos Xogos Olímpicos de París”.
Alberto Muíño salientou que o Compostela Skate traerá a Santiago “a grandes deportistas en disciplinas como o skate, o breakdance ou o street breakdance, que demostrarán a súa valentía e as súas habilidades nun evento que vai ser unha experiencia única”. Tal e como explicou, haberá competición nesas modalidades, para as que xa están abertas as inscricións, e tamén exhibicións doutras disciplinas como BMX Flatland, Arte Urbana e Dj’s.
O Compostela Skate pecharase cun concerto a modo de showcase para que Saibran, Sandra FG, Mahía, e André GS poidan mostrar a diversidade do seu talento. Sobre o cartel, o coordinador Rubén Varela, DJ Mil, explicou que se trata na súa maioría de “artistas novos pero moi prometedores, que están xerando un gran interese entre a comunidade”, matizando que non só chaman a atención da xente máis nova senón tamén dos maiores.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
