Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Alvariza celebra un encontro en Santiago para dar a coñecer o seu proxecto de ‘cohousing’ e atraer novos socios

A xornada será este sábado no CSC do Ensanche e contará con poñentes que achegarán as súas experiencias sobre a vivenda colaborativa, a conciliación e a vida en comunidade

Xuntanza de traballo dos socios de Alvariza

Xuntanza de traballo dos socios de Alvariza / Cedida

Manu López

Manu López

Santiago

A cooperativa de vivenda colaborativa Alvariza celebra este sábado un encontro no CSC do Ensanche de Santiago para presentar o seu proxecto e atraer novos intergrantes para levalo a cabo. A xornada, que leva por título ‘Vivenda, Conciliación e Comunidade: A vivenda colaborativa’, desenvolverase entre as 11:00 e as 14:00 horas e contará con tres poñentes que compartirán as súas experiencias sobre os temas que se tratarán e que os mesmo tempo definen os obxectivo do colectivo, segundo sinala a súa presidenta, Carmela Cons.

Así, participarán Joana Casteleiro de Clau Mestra, proxecto de vivenda cooperativa de Sant Cugat (Barcelona), que falará da experiencia de vivir nun cohousing; Isabel Redondo traballadora social e impulsora do proxecto comunitario Los Ángeles de Vite; e Alberto Escudero, coordinador da Ludoteca María Miramontes, que tratará as necesidades das familias en relación a conciliación para a crianza. Ademais, a socia de Alvariza Cristina Bandín será a encargada de presentar o proxecto da cooperativa.

Avances no proxecto

Cons explica que este encontro “ten o dobre obxectivo, por unha banda, de dar a coñecer o modelo para que cada vez sone menos raro, haxa máis iniciativas e sexa máis fácil a inplantación; e por outro lado, espertar a suficiente curiosidade como para querer achegarse a Alvariza e ser máis, porque temos un proxecto que calculamos para 30 unidades de convivencia, e agora mesmo somos 15”. A presidenta remarca que “temos moito interese en que quen nos coñeza se anime a traballar connosco”.

A presidenta de Alvariza sinala que nos cinco anos de vida do proxecto houbo cambios relevantes, xa que nos inicios “asegurábannos que en Galicia nunca ía arraigar isto”, pero agora “xa ninguén di iso, e xa sabemos de concellos que están no punto de ver como encaixan na normativa actual modelos deste tipo”. Ademais, destaca que a Xunta “está traballando na modificación da lei de cooperativas galega para incluír a vivenda colaborativa como un modelo específico de cooperativa”.

Búsqueda de solo

A entidade atópase inmersa nun proceso de búsqueda de solo para a implantación do seu proxecto de conxunto habitacional en réxime de cooperativa en cesión de uso. Cons apunta que neste momento están valorando dúas opcións, unha no concello de Santiago e outra no de Teo, ante os ritmos “demasiado lentos” que están detectando á hora de tratar cos representantes municipais.

“Estamos nun momento en que, sen renunciar a seguir negociando as posibilidades dunha cesión de superfície, por exemplo, ou de que saquen un concurso público no que iniciativas deste tipo teñan cabida, estanos parecendo moito esperar. Por iso estamos ao mesmo tempo que falamos con eles buscando terreo para a compra”, conclúe Cons.

Tracking Pixel Contents