ESPECIAL DAS FESTAS DE SANTA MINIA DE BRIÓN 2024
Máis atraccións para os nenos na Santa Minia
A música será a outra gran protagonista cun día rock, o sábado, e outro folk, o domingo

Atraccións da festa de Santa Minia. / ECG

Brión celebra, dende onte e ata este domingo día 29, a festa máis emblemática da localidade: a Romaría de Santa Minia. A celebración, unha das máis famosas de Galicia, reunirá como cada ano a milleiros de devotos romeiros procedentes de todos os puntos da comunidade.
Durante estas tres xornadas festivas que quedan por diante, os asistentes poderán desfrutar dos tradicionais oficios relixiosos e da extensa programación cultural e de lecer con espectáculos para toda a familia. Asimesmo, un dos seus grandes atractivos será a súa ampla oferta musical coa actuación dalgunhas das mellores orquestras da comunidade, un día adicado ao rock e outro ao folk, mañán e pasado respectivamente.
Co comezo da tradicional romaría, un dos seus enclaves estratéxicos, como é a Carballeira de Santa Minia, reabrirá parcialmente durante a celebración como zona de paso.
“Queremos que a veciñanza e todas as persoas que nos visitan estes días tan especiais poidan ver os traballos de repoboación que se están facendo na Carballeira, onde estamos moi satisfeitos pola boa adaptación que están tendo os novos carballos”, señalaba o alcalde brionés, Pablo Lago.
Un espazo para os nenos
Os máis pequenos da casa terán tamén un gran espazo reservado na celebración. Durante os tres días celebrarase a sétima edición do Festival Monecadas coas representacións de ‘Unha armadura con ferruxe’, hoxe, ‘Cachimóvil: A cabeza do dragón’, mañán, e ‘A Cuba’, o domingo.
Ademais, as atraccións infantís terán un papel crucial nos festexos. Para este ano incrementouse o número de atraccións, cun récord de trinta postos instalados na localidade. Do mesmo xeito, e pensando na inclusión, as atraccións funcionarán sen música entre as 16.00 e as 17.00 horas, buscando facilitar así a participación de persoas con diversidade funcional.
Asimesmo, durante a mañá de hoxe, entre as 12.00 e as 13.00 horas, as atraccións colocadas pola Romaría de Santa Minia funcionarán de maneira gratuita para toda a rapazada de Brión, nun esforzo do Concello por mostrar o compromiso coa veciñanza da localidade.
Durante estas xornadas de celebración manterase tamén o Punto Lila, un espazo de atención a mulleres e persoas LGTBIQ+ que sufran algunha agresión, ademais de servir como punto de concienciación sobre a necesidade de que as festas sexan espazos libres de violencia.

LE AQUÍ O ESPECIAL DAS FESTAS DE SANTA MINIA DE BRIÓN 2024
LE AQUÍ O ESPECIAL DAS FESTAS DE SANTA MINIA DE BRIÓN 2024- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago