Borja Verea ve necesario un transporte “eficaz” para poder peatonalizar a cidade
Asegura que sen boas frecuencias e aparcadoiros vaise xerar "frustración" e pon de exemplo a rúa Virxe da Cerca

Tráfico na rúa Virxe da Cerca / Jesús Prieto
ECG
Ante a idea do Concello de peatonalizar a cidade, o líder do PP de Santiago, Borja Verea, considera que se debe garantir un transporte “eficaz e digno” da capital de Galicia, xa que, “iso é unha prioridade de cidade”.
O líder popular destacou a inacción dos nacionalistas, “xa que cando plantexan un concurso de ideas, o que demostran é que non saben o que queren facer, polo que é evidente que, tras chegar ao goberno grazas a unha carambola, non tiñan un proxecto para Virxe da Cerca, porque concursos de ideas xa houbo”. Verea remarcou que “agora queda ver, polo miúdo, o que van a plantexar aos solicitantes que se presenten, nós manterémonos vixiantes”. Pero con todo valora que “sen un bo trasporte público, sen boas liñas de autobús, sen boas frecuencias e sen bos aparcadoiros todos estes procesos o que van a xerar é frustración, decepción e crispación”.
Con ditas condicións, dixo, “se pode iniciar, acelerar e intensificar os procesos de peonalización, facelo sen esta premisa non é mais que enganar á xente ou meter á cidade nun problema gravísimo que vai a xerar decepción a posteriori”.
Por outra banda, Borja Verea subliñou que falan de peatonalizar a rúa da Virxe da Cerca, pero, ao mesmo tempo, recoñecen que “alí vai haber trafico en dobre dirección, vai haber autobuses, vai haber vehículos, polo que é evidente que iso non é facer unha cidade humanizada para o día a día, non parece un gran avance á hora de conseguir unha cidade máis amable, máis familiar e máis humana”.
Finalmente, o popular destacou que unha das demostracións de que os nacionalistas traballan sen obxectivos e sen sentido é que, para plantexar esta iniciativa, nin sequera falaron cos traballadores e usuarios da praza de Abastos, cando son os principais afectados desta medida. “É indispensable comunicarse con eles e antes de plantexar ningún concurso de ideas, pero o BNG danos outro exemplo máis da improvisación, ocorrencias e falta de diálogo que os caracteriza”, destacou.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña
