Catro das bandas que ensaian no Centro Xove da Almáciga actuarán no Festival Lanzadeira
Aos concertos de Jaco, Ulex, Musgo 981 e Killo Karallo únese a banda pontevedresa Mamasunción

Guillermo Vistoso, María Rozas e Manuel Fernández / CONCELLO
Redacción
O vindeiro sábado 5 de outubro, a partir das 17.30 horas, a praza 8 de Marzo acolle a terceira edición do Festival Lanzadeira, un evento que buscar “promocionar o talento das bandas que utilizan os locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga”. Desta vez, ao escenario subirán catro grupos de Santiago: Jaco, Ulex, Musgo 981 e Killo Karallo e a eles sumarase, como novidade, unha formación convidada chegada dos locais de ensaio de Pontevedra: Mamasunción.
A concelleira de Xuventude, María Rozas, e o docente e coordinador do centro xove, Guillermo Vistoso, presentaron a programación do evento acompañados polo técnico de Xuventude do Concello, Manuel Fernández. María Rozas incidiu en que “esta proposta vai máis alá dun concerto, é todo un proceso formativo que procura a profesionalización dos grupos e artistas que utilizan os locais municipais de ensaio”. A edil reiterou a intención do Goberno local de “reforzar na medida do posible o Centro Xove da Almáciga, para atender mellor a enorme demanda que teñen os locais de ensaio e, desta maneira, explotar o talento local e reforzar a nosa industria cultural”.
Este festival, que é de balde, pon en valor o intercambio cos locais de ensaio de Pontevedra, a través da actuación de Mamasunción, “de maneira que os grupos da Almáciga terán despois a oportunidade de participar tamén nalgún evento nesa cidade, para darse a coñecer noutros escenarios e con outros públicos”, explicou María Rozas.
Segundo o coordinador Guillermo Vistoso, este concerto “é o peche dun proceso formativo no que as bandas teñen a oportunidade de traballar co equipo técnico do espazo do centro xove, para elaborar e gravar un tema propio e afondar no proceso de preparar o repertorio para o directo”. Vistoso apuntou que “nesta edición traballamos con menos grupos, pero foi un traballo máis intenso, que vai derivar ademais na gravación dalgún disco e dalgún videoclip”.
Ademais, este ano haberá escenario cuberto, unha proposta de montaxe máis avanzada, e “melloras importantes no son e na iluminación, grazas aos investimentos adicionais da a Concellaría de Xuventude”.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
