O PSOE denuncia a "opacidade" do Goberno local respecto do concurso de ideas para humanizar Virxe da Cerca
Os edís Muíños e Rosón aseguran "compartir" a idea do conector central da cidade pero rexeitan a pouca transparencia na xestión

A restricción de vehículos privados na Virxe da Cerca preocupa aos comerciantes / Antonio Hernández

Os concelleiros socialistas Gonzalo Muíños e Mercedes Rosón compareceron este mércores en rolda de prensa para amosar a súa "preocupación" ante a falta de transparencia do Goberno local en canto ao concurso de ideas para a mellora da mobilidade no conector central da cidade (dende a Senra a San Caetano) e que, entre outros aspectos, contempla a restricción do tránsito de vehículos privados, especialmente na rúa Virxe da Cerca.
"Nun debate radiofónico o concelleiro Lestegás explicou que as liñas básicas para o concurso de ideas son froito da reflexión dos servizos técnicos e mais da consulta a expertos", explicou o voceiro do PSOE, Gonzalo Muíños. Para denunciar que sendo así non se lles achegara a información solicitada ao respecto, "hai unha nula transparencia" o que conleva "preocupación" entre a veciñanza e os sectores do comercio, incluídos os praceiros, e da hostalaría.
Os edís socialistas reclamaron tamén que "todo indica que os aspectos concretos están definidos, entón para que un concurso?", preguntouse Muíños. Un interrogante no que abundou a concelleira Mercedes Rosón: "Cal é exactamente o papel do colexio de arquitectos? Participou o COAG no proceso previo á convocatoria? Ou vai ser un mero avalista? Porque se non tivo un papel previo á convocatoria e só se trata de seleccionar propostas parécenos que a colaboración só ten sentido para aparentar certo respaldo técnico".
Mantendo o seu apoio á necesidade "dunha solución integral" para ese eixo central de mobilidade da cidade, os socialistas denuncian unha vez máis "a opacidade e a falta de transparencia do Goberno de Sanmartín". "Ninguén que non sexa o goberno sabe nada", denunciou Rosón, para lembrarlle á alcaldesa que cando estaba na oposición "pedía a creación dunha comisión para resolver a solución á parcela de Peleteiro" e deixaba sobre a mesa que non queren recorrer unha petición similar. “Non queremos chegar a iso, pero se o goberno continúa con esta opacidade neste asunto non nos quedará máis remedio que estudar todas as accións ao noso alcance”.
A concelleira Mercedes Rosón explicou que a petición formal de información se fixo a pasada semana, sen que até o momento tivesen resposta. "En canto se presentou en rolda de prensa o concurso de ideas solicitei unha reunión urxente coa alcaldesa", explicou Rosón. Xuntanza que non puido ser por cuestións de axenda e que tampouco se resolveu co concelleiro de Urbanismo por cuestións de saúde.
“En conclusión”, matizaba a concelleira Rosón, “o concurso é unha boa idea pero a formulación e a xestión do mesmo por parte do Goberno municipal pensamos que está a ser un desastre. Demandamos transparencia e participación no proceso, o concurso aínda non está convocado, temos tempo para facelo ben”. A edil socialista aproveitaba tamén para lanzar un consello á alcaldesa: “Sería aconsellable que un goberno en minoría coma o da señora Sanmartín non tome decisións unilaterais en cuestións de grande trascendencia para a cidade”, e recalcaba que a falta de transparencia con este concurso de ideas “cremos que é unha falta de respecto bastante importante para a oposición en xeral e para nós en particular”.
Restrinxir o vehículo privado
O edil Gonzalo Muíños puxo o foco, durante a rolda de prensa, na información transmitida polo concelleiro Lestegás durante a presentación das liñas básicas para o concurso de ideas, entre elas a restricción do uso de vehículos privados na Virxe da Cerca, cuestión que preocupa a veciñanza, comerciantes, praceiros e pais e nais do alumnado dos cinco colexios desa rúa. “Queremos ver os traballos onde indican esas liñas, esa transformación do tránsito, incluso se falou dos buses, que na zona de Basquiños non van a pasar polas Rodas, estamos a falar de aparcamento, por exemplo, cuestións que teñen que estar avaladasde estas cosas, tendrán que estar avaladas por estudos técnicos”.
“Non falamos de cuestións internas”
··· Preguntados polos expedientes abertos dende o PSdeG por non respectaren a disciplina do partido na votación da Ordenanza reguladora das VUT –votaron a favor en lugar de absterse–, tanto Gonzalo Muíños –sobre o que pesa outro procedemento por non relevar cargos de confianza– coma Mercedes Rosón insistiron en non facer declaracións. “De temas internos non imos falar, non falamos nunca, e cremos que o que lle interesa a quen representamos é a nosa xestión política”.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta

