Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Curtocircuíto baixa o telón cunha gala de entrega de premios ás películas gañadoras

A dirección do Festival valora na clausura que esta edición foi “un éxito de público pola gran conexión e interese das asistentes pola programación neste novo modelo máis curatorial”

Goretti Sanmartín e Pela del Álamo, no centro, con outras autoridades e organizadores asistentes á gala / | CEDIDA

Goretti Sanmartín e Pela del Álamo, no centro, con outras autoridades e organizadores asistentes á gala / | CEDIDA

Santiago

A vixésimo primeira edición do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto rematou este domingo cunha gala de clausura celebrada no Teatro Principal coa participación da alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; a concelleira de Xuventude, María Rozas, a responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; o director da Agadic, Jacobo Sutil; e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo; así como representantes da corporación municipal e das entidades colaboradoras desta edición.

Espectáculo co que comezou a gala de clausura / cedida

Espectáculo co que comezou a gala de clausura / cedida

Goretti Sanmartín destacou que “Curtocircuíto é un referente na procura e na exhibición de talento audiovisual, galego e internacional. Compostela ten a sorte de contar cun espazo interdisciplinario como este”.

Balance positivo

Pola súa parte, o director artístico de Curtocircuíto agradeceu a todas as persoas que fixeron posible unha nova edición deste festival e explicou que “foi un éxito de público”.

“Sentimos unha boa conexión coa asistencia e un grande interese pola programación. Este novo modelo máis curatorial tamén está a ter unha boa acollida na prensa especializada. Agora necesita tempo para consolidarse pero tivo un moi bo comezo. Sen dúbida, seguiremos traballando arredor de eixes temáticos que artellen un programa interdisciplinario”.

Esta edición Curtocircuíto bateu o récord de asistencia nas seccións Criaturas e Teenage Riot con máis de 1.400 escolares. Esta é unha das apostas do festival cara á creación de novos públicos e á procura da integración dos seus contidos nos programas educativos da área de Santiago.

A gala de clausura, que pon fin a unha semana de cinema, música, encontros e sesións especiais, comezou co espectáculo CRISPR, the Pattern of Life AV de Bromo (Paloma Peñarrubia & Azael Ferrer), e rematou coa proxección da película gañadora do Premio do Público. Neste mesmo acto deuse a coñecer o palmarés desta 21.ª edición. O galardón á mellor película recaeu en It Will Be Better Before de Keto Kipiani.

Tracking Pixel Contents