Os alumnos de tres institutos e un colexio de Santiago tamén viaxan co programa Erasmus
Ao Xelmírez II, Lamas de Abade, Rosalía de Castro e Compañía de María súmase un centro de adultos e a Escola Oficial de Idiomas

Alumnado do IESLamas de Abade que o curso pasado foi de Erasmus a Lituania / CEDIDA

Para irse de Erasmus non hai que agardar a chegar á Universidade. Santiago ten catro centros educativos coa acreditación deste programa europeo no sector de Educación Escolar (KA120-SCH), dos 58 que hai na actualidad en toda Galicia. Tratáse de tres institutos –o Arcebispo Xelmírez II, o Rosalía de Castro e o Lamas de Abade– e o CPR Plurilingüe Compañía de María.Esta acreditación implica un recoñecemento por parte da Comisión Europea que otorga numerosas vantaxes como son garantizar a simplificación das solicitudes e o acceso ás mobilidades ata o vindeiro 2027.
A maiores, hai que sumar o Centro Autonómico de Formación e Innovación e a Escolas de Idiomas de Santiago, xa no sector de persoas adultas.
No caso do IES Lamas de Abade entrou na convocatoria no ano 2022. Para iso tivo que presentar un proxecto ao Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) o cal foi aprobado. “Este proxecto debe incluir os obxectivos que vas a traballar, as necesidades que atopas no centro, o motivo polo que consideras que é interesante facer ese tipo de iniciativas ou as mobilidades que debes facer”, conta en conversa con EL CORREO GALLEGO Jose Besada, profesor de Matemáticas e coordinador Erasmus do centro compostelán, quen sinala que o proxecto debe ademais estar respaldado polo claustro do centro.
O centro xa leva unha década traballando co Erasmus pero esa certificación fai que non teñan que presentar proxectos cada ano. Anteriormente tiveran a oportunidade de participar nun programa con cinco países (Portugal, Turquía, Polonia, Inglaterra e Italia) como coordinadores. “A experiencia tamén foi un punto a ter en conta”, sinala.
Principalmente realízanse mobilidades de alumnado, aínda que tamén pode haber de profesorado “con cursos de formación ou ben para ir a un centro de fóra a observar como se traballa no mesmo”.
O ano pasado o instituto recibiu alumnado de Lituana, Romanía e República Checa, destino ao que tamén se desprazaron alumnos e alumnas do Lamas de Abade.
Este ano do domingo 13 de outubro e ata o sábado 18 recibirán a un total de 25 estudantes. Dez procederán de Eslovenia, 9 de Croacia e seis de Prócida, “unha illa a unha hora en barco de Nápoles coa que xa traballamos nun proxecto anterior”.
“O programa Erasmus é moi enriquecedor para a rapazada e todos os que se apuntan queren repetir; primeiro escollemos os que nunca foron e tamén se miran os criterios económicos”
No mes de novembro dez alumnos partirán a Eslovenia durante dez días. En maio do vindeiro ano seis irán a Prócida e en setembro outros nove visitarán Croacia.
No programa Erasmus trabállanse unha serie de obxectivos relacionados co medio ambiente, novas tecnoloxías e coñecemento de Europa. “En xeral é moi enriquecedor para a rapazada, de feito todos os que e apuntan queren repetir”, asegura. A Unión Europea asigna un presuposto determinado polo que “primeiro escollemos a xente que nunca foi e tamén se mira nos criterios a situación económica”. Jose Besada sinala que nestas estancias o alumnado non ten ningún tipo de gasto. “Polas mañás van ao instituto e logo pola tarde están coas familias ou realizando actividades”, detalla.
No caso do Lamas de Abade son varias as iniciativas. Para outubro Besada conta que haberá unha excursión á Costa da Morte, e para a mañá do xoves 17 está prevista unha visita á terraza da Catedral e un recibimiento en Raxoi por parte da alcaldesa. Nesta mesma tarde o instituto desenvolverase un taller organizado por alumnado do ciclo de Imaxe Persoal do centro.
Cada centro recibe un diñeiro que varía cada ano
O presuposto que se lle asigna a cada centro varía en función do ano. No IES Lamas de Abade recibiron o curso 2023-24 un total de 15.000 euros, mentras que este ano a cifra ascende aos 19.000 euros. “Na asignación tense en conta o que poidas levar a cabo con ese diñeiro. O ano pasado tiñamos que realizar entre 11 e 14 mobilidades e fixemos 19, trátase dunha boa xestión que no noso caso parte en boa medida de comprar os billetes con moita antelación. “, asegura. Jose Besada como coordinador encárgase de buscar os países de destino. “Se non gastas todo o diñeiro tampouco é bo, o que sobra hai que devolvelo cando seguramente o puidera usar outro instituto”, manifesta.
Cando se termina o período de Erasmus cada centro debe elaborar unha memoria coas mobilidades realizadas para que o SEPIE leve a cabo unha avaliación que logo influirá no presuposto do seguinte ano.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
