A banda Carabela consegue o Premio Narf de música dotado con 4.000 euros
O dúo compostelán Gloría Pavía e Rafa Morales quedan segundos

Un momento da actuación de Carabela no Auditorio Abanca | Cedida
Redacción
Carabela alzouse este ano cos 4.000 euros cos que está dotado o Premio Narf de música, nunha gala conducida polo xornalista Luís Pardo que se celebrou na noite do sábado no Auditorio Abanca, e á que lle puxo efectos visuais o artista gráfico Xavier Belho. Os compostelans Gloria Pavía e Rafa Morales foron finalista da edición deste ano xunto con Cinta Adhesiva, que recibiron o segundo e o terceiro premio, dotados con 2.000 e 1.500 euros, respectivamente.
A gala, que deu comezo ás 20 horas, consistiu na intervención de cada unha das formacións finalistas, que tiveron a oportunidade de tocar durante 15 minutos cada unha. De Ninghures foi a banda convidada nesta cita e a súa actuación tivo lugar durante a deliveración do xurado, composto este último polo músico e xornalista Martiño Suárez, a cantante Faia Díaz, a tamén xornalista Teresa Cuíñas, o fotógrafo Noel Feáns e o cantante Rodri Míguez.
A valoración do xurado
De Carabela o xurado destacou que se trataba «dunha proposta construída con solidez, que atende o traballo vocal e tamén a melodía, cunha deriva electrónica delicada e sofisticada”. Nados en 2021, esta banda noiesa dálle unha volta ao temón da confluencia entre as correntes do pop, a electrónica e a música tradicional.
Do dúo compostelán formado por Gloria Pavía e Rafa Morales o xurado destacou a «utilización de elementos moi escollidos que fan lucir a estrutura das cancións de autora». Unha proposta da que tamén destacan o talento vocal de Gloria Pavía, así coma a orixinalidade e o minimalismo do seu espectáculo.
En canto a Cinta Adehesiva, banda integrada pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada, a valoración do xurado centrouse nesta proposta «arriscada, que combina con destreza as partes melódicas e as recitadas con bases electrónicas escuras».
O certame
O Concurso Fran Pérez ‘Narf’ de música, convocado pola Deputación da Coruña, ten o obxectivo de «difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico e compositor santiagués Fran Pérez ‘Narf’».
Algunhas das bandas gañadoras deste premio, dende que se convocou por primeira vez en 2008, foron Caldo –2020–, Mounqup –2017–, Bala –2016–, Familia Caamagno –2013– ou Satélite Salitre, na pasada edición.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago