O Concello de Santiago pula por restaurar pezas antigas de acibecharía
Raxoi asina un convenio dotado de 20.200 euros con Ourives de Compostela que busca tamén garantir a autenticidade do material

Aconcelleira María Rozas con Enrique Fink. / CONCELLO

A concelleira de Comercio, María Rozas, e o presidente de Ourives de Compostela, Enrique Fink, asinaron na mañá deste xoves un convenio entre Concello e asociación –dotado con 20.200 euros– e destinado a controlar a autenticidade do acibeche que se traballa na cidade, así coma a recuperación de ourivaría antiga. Un proxecto para o que se conta coa colaboración da USC –Universidade de Santiago– e que se inclúe no Plan estratéxico de ourivaría, aprobado polo Corporación local de forma unánime.
A concelleira amosouse moi satisfeita coa sinatura deste convenio e puxo a atención no obxectivo de «garantir e apoiar a autenticidade das pezas de acibeche que se traballan en Santiago para darlle esa confianza ao consumidor e tamén visibilizar as propias pezas e o traballo que se fai desde a ourivaría».
María Rozas agradeceu o labor desenvolvido dende a asociación Ourives de Compostela para «poñer en valor este oficio tradicional e tamén o noso patrimonio». «As persoas que vivimos aquí sabemos que a ourivaría está moi presente en Santiago», destacou Rozas, «se miramos as rúas da cidade histórica vemos que forma parte da nosa identidade e hai que coñecelo, porque non se valora o que non se coñece».
Unha das liñas de traballo que prevé o recén asinado convenio céntrase na posta en marcha dun programa de rehabilitación de pezas antigas, seguindo as técnicas tradicionais e contando coa participación e o asesoramento dos mestres ourives máis veteranos. O obxectivo, explican dende o Concello «é garantir a transmisión desta maneira de traballar, vinculada sobre todo ás pezas eclesiásticas e ás grandes obras civís, formando novos ourives que garantan a transmisión de saber, ao tempo, que se pon en valor e se difunde o patrimonio ourive de Santiago, e se garante a súa conservación.
Control da autenticidade
Será o laboratorio do iMatus –Instituto de Materiais da USC– quen garanta a autenticidade do acibeche co que traballan os obradoiros da cidade. En concreto, poránse en marcha sistemas de análise da autenticidade e pureza do acibeche, realizaráse unha auditoría do comercializado baixo a marca de Ourives de Compostela, faráse o control individual de pezas significativas que contarán cun certificado acreditativo e verificaránse os talleres capacitados para elaborar estas xoias.
Neste sentido a concelleira Rozas explicou que se trata «de frear a devaluación das pezas de acibeche e a desconfianza no consumidor, tendo en conta que segundo diferentes informes entre o 60 e o 80% das pezas comercializadas en todo o mundo como acibeche non o son en realidade». Un dato este último que matizou o presidente de Ourives de Compostela afirmando que no caso de Santiago «o 99% do acibeche é auténtico».
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
