Luz verde á reurbanización da rúa Puente La Reina
A primeira fase desta obra desenvolveuse en 2019 en Batalla de Clavijo e Bispo Teodomiro

En 2019 levouse a cabo a reurbanización das rúas Batalla de Clavijo e Bispo Teodomiro / Antonio Hernández

Un dos acordos máis destacados entre os aprobados este luns pola xunta de goberno local de Santiago é a reurbanización da rúa Puente La Reina, unha obra que constitúe unha segunda fase e cuxa primeira parte se desenvolveu en 2019 en Batalla de Clavijo e Bispo Teodomiro. «O Goberno local quere continuar con este proxecto de reurbanización», explicou a edil Míriam Louzao, para o que se establece un orzamento base de licitación de 493.294 euros e un prazo de execución de 5 meses.
Segundo especificou a concelleira, actuarase sobre as beirarrúas, a calzada, as bandas de estacionamento e máis o arborado da vía, no camiño de conseguir «unha doada integración da circulación do peón en toda a rúa».
Louzao indicou que as actuacións afectarán unha superficie total de máis de 1.400 metros cadrados. Unha área na que se procederá a «substituír as redes de abastecemento obsoletas, separar a recollida de augas residuais e pluviais, e construír unha nova rede de telecomunicacións». Sobre a rede de abastecemento non se actuará.
Contratos e convenios
O executivo local deu luz verde ao expediente para a concesión, por procedemento aberto, da instalación de colectores de recollida de aceite de cociña usado, cun canon mínimo da concesión de 2.686 euros. Estímase que será necesario instalar 74 unidades, suxeitas a cambio en razón de densidade de poboación en determinadas áreas ou pola actividade produtiva das mesmas.
A xunta de goberno aprobou tamén un convenio de colaboración co Mercado de Abastos por 10.000 euros para a promoción do consumo do produto local de tempada, a economía circular, bonos de aparcamento e o servizo a domicilio. Ademais, formaliza o acordo para achegar 3.000 euros á Xunta de Confrarías de Semana Santa para o desenvolvemento das actividades e promoción desta celebración relixiosa.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
