Santiago fai seu «o sufrimento» de quen perdeu seres queridos pola DANA
A Corporación local apoia ás vítimas a través dunha declaración institucional

A Corporación gardou un minuto de silencio polas vítimas. / CONCELLO
Redacción
Os devastadores efectos da DANA, que causou máis de 150 mortes en Valencia e que tamén afectou a Castela-A Mancha e Andalucía, moveron os membros da Corporación local a amosar a súa solidariedade e mais o seu apoio a través dunha declaración institucional. Un xesto que se suma ao minuto de silencio polas vítimas, que se celebrou o mércores no Obradoiro.
«Todos os grupos políticos da Corporación municipal queremos facer constar publicamente a nosa consternación polas consecuencias dramáticas do paso dunha DANA polo leste da península que, desgraciadamente, tamén causou ducias de víctimas e persoas desaparecidas», di a declaración.
Ademais, os edís dos grupos políticos con representación en Raxoi –PP, PSOE, BNG e Compostela Aberta– quixeron sumar Santiago «e a súa veciñanza» para facer «noso o sufrimento das familias e de todas as persoas achegadas que perderon os seus seres queridos». O documento institucional engade que se amplía «a nosa solidariedade e empatía a todas as persoas que viron arrasados os seus fogares ou os seus medios de traballo e subsistencia, especialmente a todos os colectivos máis vulnerables e ás crianzas».
A declaración finaliza mandándolle ás persoas afectadas «o noso afecto e o desexo de que poidan recompoñer canto antes as súas vidas despois desta dramática situación», ademais de recoñecer e apoiar «os profesionais que traballan arreo para restableceren a normalidade».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos