“Utilízannos como chivos expiatorios”: aprobación definitiva da ordenanza dos pisos turísticos entre o enfado dalgúns propietarios
Foi adiante cos votos a favor de PSOE, BNG e Compostela Aberta, logo dun debate onde a tensión dos titulares de pisois turísticos presentes no Salón de Plenos de Raxoi se fixo evidente con varias interrupcións a Lestegás e á alcaldesa

O pleno comezou cun minuto de silencio polas últimas vítimas de violencia machista e as vítimas da DANA / Jesús Prieto

O Pleno municipal deste luns (adiado o pasado xoves por mor do loito oficial polas vítimas da DANA en Valencia) comezou, como é habitual, cunha intervención cidadá. En representación dos propietarios de VUT (vivendas de uso turístico) falou, visiblemente cabreada, Estrella Ferreiro para denunciar que Goberno local e oposición socialista están a utilizar os titulares de pisos turísticos como “chivos expiatorios das súas eivas na xestión da cousa pública”.

Estrella Ferreiro, Presidenta de la APS, durante su intervención en el pleno / Jesús Prieto
Ferreiro quixo deixar claro na súa intervención que aos propietarios lles chama á atención que habendo “6.198 vivendas baleiras” en Santiago “o problema son as 681” VUT inscritas no REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) da Xunta.
Un rexistro este último ao que tamén se referiu o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, denunciando unha vez máis que a Administración autonómica non retire do mesmo aqueles pisos turísticos “que carecen de título habilitante municipal”. Neste sentido pronunciouse tamén a concelleira María Rozas, voceira de Compostela Aberta (CA), para defender que dende o Goberno local «non imos legalizar VUT sen licenza aínda que teña a complicidade da Xunta» e afeoulle a esta última que «as administracións debéramos traballar da man» neste asunto, «sen cálculos electoralistas». María Rozas asegurou que a medida permitirá «en poucos meses» que haxa máis oferta de vivenda.
Interrupcións dende o público
A ordenanza aprobouse, como estaba previsto, cos votos a favor de PSOE, BNG e Compostela Aberta, logo dun debate onde a tensión dos propietarios de VUT presentes no Salón de Plenos de Raxoi se fixo evidente con varias interrupcións ao edil Lestegás e á alcaldesa Goretti Sanmartín.
Unha destas interrupcións tivo lugar logo da intervención do líder do PP, Borja Verea, que definiu a ordenanza como “unha grande mentira” da que responsabilizou a Goretti Sanmartín. “Os poucos votos que lle gañou ao PSOE” nas pasadas eleccións “seguramente se deberon á promesa de legalizar 800 VUT”, achacoulle Verea a Sanmartín defendendo a constancia desta promesa en documentos municipais e “no Parlamento” e asegurando que sobre esta acción da alcaldesa “se fará xustiza política”.
Goretti Sanmartín interveu para incidir en que os datos que manexa o Goberno local indican que a repercusión da aprobación da ordenanza sobre o parque residencial da cidade “será positiva” e explicou que as avaliacións deberán facerse co paso do tempo. Sobre as acusación de Verea, Sanmartín unicamente apuntou que “non vou entrar nas mentiras e difamacións do Partido Popular”.
Mentres tanto o concelleiro de Urbanismo coma as edís María Rozas (CA) e Mercedes Rosón (PSOE) defenderon a oportunidade da aprobación desta ordenanza no camiño de lograr destensionar o mercado do alugueiro na cidade e a revitalización da cidade histórica, o Partido Popular tachaba a medida de “erro” e “grande mentira”.
Con esta ordenanza “case todas as vivendas de Santiago poderán ser VUT durante dous meses”, denunciou o voceiro do PP, Borja Verea, que manifestou o seu amor pola cidade histórica e afeou o “fracaso histórico das políticas de vivenda” nesta área por parte de PSOE, BNG e CA.
Ás palabras de Borja Verea respondía Lestegás defendendo que “os usos de hospedaxe asimilados á vivenda” non suporná que por dous meses calquera residencia poida ser VUT senón que “só se poderá levar a cabo en inmobles que sexan residencia habitual”, deberá cumprir unhas mínimas condicións técnicas (sistemas de emerxencia e accesibilidade, entre outros) e deberá aprobalo a comunidade de veciños.
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Santiago abre las rebajas sin grandes colas y con tiendas cerradas por la huelga: «Ya no son lo que eran»

