A oposición reclama informes técnicos para as obras no conector central
A proposición socialista saíu adiante cos votos en contra de BNG e CA

O Concello ten o proxecto de redeseñar o eixo A Senra- Praza de Galicia-Virxe da Cerca / Antonio Hernández

A oposición en bloque (PSOE e PP, que suman 17 edís) votaron a favor da proposición do Grupo socialista de reclamarlle ao Goberno local que presente «informes técnicos e estudos multidisciplinares que valoren o impacto dos cambios que se introducen nas bases do concurso de ideas» para a reurbanización do que Raxoi chama o conector central da cidade en referencia á vía que une A Senra con Basquiños pasando por Virxe da Cerca.
Foi a concelleira do PSOE Mercedes Rosón quen defendeu a iniciativa no Pleno do luns, amosando que o PSOE está de acordo na necesidade de intervir nesa contorna (tamén se amosou favorable o PP), pero puxo enriba da mesa a necesidade de «diálogo coa veciñanza, os comerciantes e os praceiros» así como de avaliar o impacto dos cambios que introducen nas bases do concurso, coma o desvío do tráfico polas rúas das Trompas e Castro Douro.
Dende a bancada popular o edil José Antonio Constenla afirmou que «urge tomar medidas» para mellorar a mobilidade neste eixo central da cidade, mais asegurou que é necesario «un enfoque integral que equilibre las demandas», tamén en referencia aos colexios da zona e ao Mercado de Abastos. Constenla, que afirmou que o edil de Urbanismo, Iago Lestegás lle recordaba ao «tahur, Mark Fallon» (personaxe interpretado por Tyron Power en El caballero del Mississippi), puxo o foco no número de autobuses que na actualidade pasan pola Virxe da Cerca. Segundo o edil popular, se logo das actuacións os buses seguen chegando á praza de Galicia «será un caos» e pediulle a Iago Lestegás que «no toque nada, no estropee nada».
A proposición socialista saíu adiante cos votos en contra de BNG e CA, queda agora por ver se o Goberno local acata ou non o acordado na sesión plenaria.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
