Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A importancia do Apóstolo Santiago en América

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, resalta en México a súa presenza en Hispanoamérica

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, no centro, durante a conferencia impartida este martes

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, no centro, durante a conferencia impartida este martes / Cedida

Rodrigo Paz

Rodrigo Paz

Santiago

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, pronunciou este martes, no ámbito do Foro Espacio Turístico Iberoamericano –organizado pola Confraría Europea da Vela coa colaboración de Turismo de Galicia e entidades locais–, unha conferencia na cidade de Puebla (México) baixo o título de Santiago en América.

Na súa intervención, Palmou fixo referencia á chegada a América da figura do Apóstolo Santiago tras o descubrimento do novo continente, na súa dobre imaxe de Santiago ecuestre e de Santiago peregrino. Ademais, falou da presenza de Santiago na conquista de América e fixo una ampla exposición da presenza do Apóstolo na arte, imaxes, iconos, toponimia, literatura e celebracións populares en países coma México. Tamén recordou o Reino da Nova Galicia, que formou parte do Virreinato da Nova España nos séculos XVI, XVII e XVIII e tivo como capital unha poboación chamada Santiago de Compostela, así como o importante papel do mexicano Antonio de Monrroy e Hijar, que foi arcebispo de Santiago a partir de 1685 por proposición do rei Carlos II.

Por último, Palmou reivindicou o Santiago da paz, da fraternidade e da irmandade entre o pobo español e mexicano e animou a coñecer o histórico Camiño de Santiago e a cidade do Sar, que en 2027 vivirá o próximo Ano Santo.

Tracking Pixel Contents