"Alarma social": Rozas advirte que a metade dos adolescentes recoñece trastornos polo uso das pantallas
O 47,2% dos mozos galegos recoñece trastornos psicolóxicos derivados de pasar demasiadas horas conectados a internet

O Goberno local compostelán organiza xornadas de sensibilización destas adiccións dirixidas a pais e nais. / EFE

«Poñemos en marcha esta iniciativa porque os datos son moi alarmantes, non estamos a ser conscientes da situación das novas xeracións», explicaba a edil de Xuventude, María Rozas, arredor das porcentaxes de adicción ás pantallas e á tecnoloxía entre os adolescentes galegos, para presentar unhas novas xornadas de sensibilización sobre esta materia. As charlas, orientadas a sensibilizar a pais e nais sobre esta cuestión, desenvolveranse na Casa das Asociacións de Cornes (en horario de 18.30) os días 20 de novembro e 15 e 22 de xaneiro.
Segundo datos estatísticos achegados pola edil, correspondentes a un estudo presentado o pasado mes de maio por iCMedia, «o 47,2% dos mozos galegos, case a metade, recoñecía que tivera algún tipo de transtorno psicolóxico ou peores notas por pasar demasiadas horas conectados a internet».
Rozas engadiu que un de cada tres mozos admitía problemas de sono, «o 15% falaba de cambios de humor, o 11% de problemas de ansiedade, o 10% de ataques de ira e case o 8% de illamento social». Uns datos que levan á concelleira a falar dunha «alarma social» que require o traballo conxunto das adminitracións.
Por isto, dende a Concellería de Xuventude veñen de poñerse en marcha estas xornadas, «para sensibilizar sobre a problemática das tecnoadiccións», cuxo obxectivo fundamental é o de «achegarlle ás nais e pais as claves de cara á educación das crianzas no uso dos dispositivos dixitais».
A xornada inaugural estará impartida polo doutor en Psicoloxía da USC, Antonio Rial Boubeta, un dos responsables do estudo de 2022 realizado entre a universidade e a Fundación Barrié e do que se extraía (dunha enquisa feita a 10.000 adolescentes galegos) que o 44% dos mozos «recoñecía consumir pornografía en liña e un de cada cinco dicía dicía ter sufrido acoso escolar online».
Outras actuacións
As xornadas que se van desenvolver na Casa das Asociacións de Cornes son «unha continuación doutra que xa fixemos o curso pasado e que tivo un éxito rotundo», explicou Rozas en referencia ás actividades de prevención da adicción ás pantallas que se desenvolveron o curso pasado nos centros de ensino e ás que se lles dará continuidade este ano.
A edil explicou que esta iniciativa nos colexio é «unha das actividades máis demandadas» no departamento de Xuventude e valorou que o carácter participativo das mesmas. No presente curso cóntase coa participación de 13 centros (de primaria e secundaria) nos que se realizarán un total de 80 intervencións.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
